Amosando publicacións coa etiqueta AS NOSAS TRADICIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AS NOSAS TRADICIÓNS. Amosar todas as publicacións

22 de xan. de 2014

28 de decembro día dos Santos Inocentes, de onde vén o costume de gastar bromas?

      Este día conmemórase un feito que conta o evanxelista  Mateo pero que, en realidade, non ten ningún fundamento histórico: a suposta matanza de todos os nenos nacidos en Belén, menores de dous anos, que ordenara Herodes para librarse do acabado de nacer, Xesús. Crese que esta festa católica se uniu a outra pagá que xa existía na Idade Media que se chamaba "a festa dos tolos", por iso ese día gástanse bromas de todo tipo, co obxectivo de deixar quedar a un en ridículo, como colgarlle un boneco de papel no lombo ou dicirlle que lle tocou a lotaría... O día dos inocentes celébrase en España e en toda Latino América. Todo está permitido pero, atención, é posible que nos encontremos con que os enganados somos nós... Entón berramos "Inocente! Inocente!". Noutros países esta festa , que non ten que ver con matanza ningunha, celébrase o 1º de Abril, por exemplo en Francia e en Italia.


12 de xan. de 2014

O lar e a lareira

"Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
Miña casiña!, meu lar!"

              Con estes versos remata Rosalía de Castro o seu poema "Adiós, ríos; adiós fontes" o primeiro que escribiu para o libro de Cantares Gallegos.

           A palabra "lar" poder ter varios significados pero sempre en relación coa casa, co fogar. Precisamente é sinónimo de casa familiar, fogar. Tamén nas cociñas rústicas é o lugar da casa onde se acende o lume e ten como sinónimo "lareira". Por último a palabra lar en plural,  lares, fai referencia ós deuses da mitoloxía romana. Na antiga Roma o lar estaba asociado ao fogo sagrado e os lares, manes e penates eran os deuses domesticos. Os deuses lares representaban os espiritos dos antepasados e protexían a familia.
           Na casa rústica a cociña é a dependencia máis importante. Nela está a lareira na que se fai o lume para cociñar e tamén para quentarse, por iso nela hai escanos, que son bancos con respaldo e tallos, (bancos pequenos para unha persoa e sen respaldo) para sentarse arredor do lume. Pola parte interior da lareira colócabase un canizo, que é unha estructura feita con paus de madeira, no que se penduraban chourizos e carne de porco para afumalos. Tamén do canizo pode ir pendurada unha cadea -a gramalleira- que sostén o caldeiro de facer a comida.

16 de xuño de 2013

Habelas hailas

Por Miguel Castelo
 

Galicia é unha terra máxica chea de mitos e lendas. Entre estas lendas atopamos, como non, as meigas.
Xeralmente son anciás de aspecto sinistro, pero tamén hai mozas. A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular e diferénciase da bruxa en que esta última actúa sempre con maldade, podendo tratar e ata pactar cos demos, e non obstante, as meigas tamén son coñecidas como curandeiras e videntes, e a xente acode a elas con salmos. Xeralmente voan a cabalo dunha estaca das que se usan nos laterais das carretas ou carros (chamada estadullo).

As meigas tiñan poder de danar coa mirada a persoas e animais; é o“mal de ollo”. Non paraban, sobre todo na noite de San Xoán e San Silvestre (última noite do ano)

Estas son dúas expresións galegas que fan referencia ás meigas:

Eu non creo nas meigas, mais habelas hailas.”
¿As Meigas? Habelas hailas. O caso é dar con elas.”

12 de xuño de 2013

A noite de San Xoán

En toda Galicia celebramos dende tempo inmemorial a noite do solsticio de verán, establecida dende o cristianismo na noite de San Xoán con ritos ligados á fertilidade e á purificación.
Toda Galicia arde nesta noite de norte a sur e de leste a oeste. Levántanse cacharelas “lumaradas” en cada casa, cada parroquia e cada barrio. A vista dende o aire é de miles de diminutos puntos brillantes repartidos por todo o mapa.

É o momento de escorrentar os malos espíritos: No San Xoán meigas e bruxas fuxirán.
As lumaradas préndense chegado o día 24, é dicir, pasada a medianoite. Así conseguimos protección e boa sorte saltando nove veces unha cacharela esa noite.

Na Coruña acendemos máis de 10.000 lumaradas en toda a cidade, cun ambiente festivo as praias e os barrios énchense de xente á alaranxada luz do lume. A cada paso, ao dobrar cada esquina, en cada bar, en cada barrio, hai unha lumarada e unha grellada ou sardiñada que se reparten de xeito altruísta ao que por alí pasa. Pola noite recollemos plantas aromáticas de varias clases que se deixan na auga para lavarse na mañá seguinte; atribúenselle propiedades terapéuticas e limpadoras.

Os coruñeses celebramos a chegada do verán con multitude de lumaradas, sardiñadas e bo ambiente nunha festa que se ven seducidos por esta atmosfera festiva, polas verbenas e os fogos artificiais.






¿ESTADES PREPARADOS?






8 de xuño de 2013

Historia e orixe da Queimada galega

 
Por David Calviño
 
A queimada é un dos moitos rituais que teñen que ver co lume, unha tradición que se debate entre o pagán e o misterioso, unha apócema máxica cuxa orixe se perde entre as sombras de noites ancestrais enchidas de meigallos e feitizos, de almas en pena, e de corpos arrebatados por rituais de meigas que sentados na escuridade e formando un círculo arredor da tartera de barro, buscan a purificación do corpo e a salvación da alma mentres revolven a beberaxe que espantará os malos espíritos e atraerá os bos.
O ritual da Queimada e o seu conxuro é un dos poucos ritos que se mantén a día de hoxe, levándose a cabo de forma natural en infinidade de reunións sociais e celebracións que teñen lugar na comunidade galega.

O lume un dos tres elementos fundamentais
A tradicional queimada ten, máis que posiblemente, a súa orixe nas ancestrais culturas castreñas. Os celtas deixaron a súa herdanza cultural plasmada nos abundantes petroglifos que se encontran ao longo e ancho da comunidade galega. Son recorrentes os símbolos con forma de espiral, destacando O TRISQUEL, figura con tres cabezas que debuxa unha especie de cruz. Foron moitas as interpretacións que os historiadores deron a este símbolo, pero a máis coñecida é aquela que sostén que o trisquel representa os tres elementos fundamentais na vida do home: A terra, a auga e o lume.
O ritual da queimada leva tamén de forma intrínseca a fusión destes tres elementos, nun ritual que non sería posible de non existir este compoñente máxico, herdados dos nosos antepasados celtas e transmitido a través dos tempos.
A TERRA simbolízase mediante a tartera de barro, a auga vese representado pola augardente que se axita e remove fundíndose coa terra mentres o lume danza libre entre os elementos que conforman esta apócema máxica iluminándo
nos, dándonos calor ao corpo e purificando as almas.

22 de xan. de 2013

FEBREIRO VISTESE DE ENTROIDO!!

Peliqueiro de Laza (Ourense)

Febreiro vístese de entroido na Biblioteca do Wirtz.

Os días 5, 6, 7, e 8 do vindeiro mes de febreiro imos facer un pequeno percorrido por algúns elementos constitutivos da identidade do Entroido na nosa cidade, para iso contamos, como sempre, ca vosa participación.

O martes agradeceríamos que compartiras con nós a receita que máis vos guste dos postres destas datas. Traédea á Biblio durante o recreo e faremos con elas unha pequena exposición.

O mércores e o Día das gafas e dos bigotes. A idea é que veñades á biblioteca no recreo cunhas gafas rechamantes e/ou que vos pintedes un bigotiño xeitoso. Farémosvos unhas fotos para expoñer.

O xoves rendimos tributo ósApropósitos coruñeses. Traede cantigas, composicións retranqueiras ou satíricas, das que fan cada ano gala as nosas comparsas. Como no caso da receita, levádea escrita á Biblio.

O venres, por fin, Odisfraz, canto máis choqueiro mellor. Esperámosvos ás 11 na biblioteca.

E claro está ; ¡¡¡OS PREMIOS!!!

Cada día que veñades á biblioteca repartiremos lambetadas entre os participantes e ademais conseguiredes unha rifa para o sorteo do  venres .






31 de xan. de 2012

Beltane

 
Beltane o Bealtaine é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio no hemisferio norte e o 31 de Outubro no hemisferio sur. Históricamente esta festividade celébrase en Irlanda, Escocia e na Isla de Man. Noutros países celtas como Gales, Bretaña e Cornualles había festividades similares o mesmo día. Contemporáneamente, sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e na diáspora, ademáis de experimentar certo grado de renacemiento en recentes décadas.
En Galicia (sen considerarse nación celta aínda que conteñen certo grado da mesma cultura) celébrase cunha recollida nocturna nos campos de cultivo con antorchas chamadas Fachucos, as cenizas eran esparcidas pola terra.
Para os celtas, a noite de beltane marcaba o comezo da temporada de verano pastoral, cando as manadas de ganado levábanse hacia os pastos verdes e ás terras de pasto das montañas. No irlandés moderno Mi na Bealtaine (Mes do Bealtaine) é o nome do mes de maio, aínda que a menudo abréviase como Bealtaine, coñecido ao día festivo como Lá Bealtaine.

Unha das principais actividades da festividade consistía en encender fogueiras nas montañas e cuiñas con ritual e significado político. En Oidhche Bhealtaine (A víspera do Bealtaine). En gaélico escocés moderno, úsase só Lá Buidhe Bealtaine (O día amarelo do Bealtain) para describir o primeiro día de maio.
Na antiga Irlanda, a foguera do Bealtaine principal encendíase na cuiña central de UisneachO ombligo de Irlanda’, centro de rituaies do país, o cal encóntrase agora situado no que é Westmeath. En Irlanda, o prendemento de fogueiras en Oidhche Bhealtaine parece haber sobrevivido únicamente ata o presente día no Condado de Limerick, especialmente na cidade de Limerick coa súa noite da fogueira anual, aínda que algúns grupos culturais expresaron interese en revivir o hábito en Uisneach e quizáis na Cuiña de Tara. En tempos modernos tamén pódese observar a iluminación de fogos comunitarios do beltane que encéndense individualmente en fogares nalgunhas partes da diáspora celta e por algúns grupos neopaganos, aínda que na maioría destos casos esta práctica é unha celebración cultural máis que o renacemento de unha antiga tradición.

30 de nov. de 2011

O TIZÓN DE NADAL

O tizón de nadal
As nosas tradicións de Nadal


No Nadal unha das nosas tradicións máis importantes é o chamado "toro ou tizón de nadal" que segundo o propio Ramón Otero Pedrayo

"é un cañoto grande dunha árbore, que nas montañas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitos de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan quimar deica a metade e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arredaren o pedrazo e os raios. Nalgúns lados, seméllanos que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cal si que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén ten relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume."