Diaspora naceu como un conxunto de redes, no que cada un pode montar a súa propia, xa que todas se basean no mesmo código, pero no que te podes conectar con xente de calquera outra, explícovos:
A rede ten distintas vaíñas (pods) e cada unha é independente, funcionando como os distintos clientes de correo como Gmail, Hotmail, Yahoo, etc.
Eu mesmo estou involucrado neste proxecto, xa que me ofrecín para axudar nas traduccións ao galego.
É de supoñer que na próxima actualización do código xa estea dispoñible a versión en galego.
A rede aínda está en fase alpha, polo que se a queredes probar tedes que saber que terá moitos erros.
A vaíña principal é https://joindiaspora.com/, e só se pode entrar con invitación, pero se queredes probala aconséllovos que vos rexistredes en http://diasp.es/
Se despois de probala non vos interesa só tedes que clickar en baixar fotos, borrar conta e ninguén será dono dos vosos datos nunca máis.
ACTUALIZADO
Dende hoxe pola mañá xa temos Diaspora dispoñible en galego.
Debido á ambigüidade dalgunhas palabras en inglés a traducción ten algúns fallos que se irán solventando pouco a pouco.
Se queredes unha invitación só tedes que pedirma, pero apurade, que só me quedan catro.
antonpm@joindiaspora.com