Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

21 de maio de 2014

O Deus Pan

Por Inés Gómez Otero, Lucía Vázquez Calvo e Alba Llamazares Rodríguez.

      O Deus Pan, da mitoloxía grega, tiña un aspecto mitade humano e mitade cabra. Cubríao unha espesa mata de pelo, as súas pernas eran robustas e as súas patas finalizaban en pezuñas. Da súa fronte partían dous cornos que lle daban aspecto de besta.
      Este Deus, maravillado pola súa fermosura, enamorouse perdidamente da ninfa Siringa. Pero a ela non lle interesaba o deus dos pastores e, como Pan no se conformaba cunha simple negativa, a moza fuxiu. Siringa correu ata a beira do río Ladón, per alí xa non tiña por onde fuxir.
Mentres, Pan achegábase máis e máis. Entón Siringa, sen saber qué facer, pediu axuda ás súas irmás. As ninfas convertírona en canas que se erguían á beira do río.
Cando chegou o Deus Pan, só atopou unhas canas ocas, envoltas nun suave rumor, movidas polo vento. Pan cortounas e formou con elas una frauta de tubos, coa que se podían entoar as máis fermosas melodías.

De alí naceu, segundo a lenda, a Frauta de Pan ou Siringa.



Imaxen sacada da páxina web: www.elblogdeliterturadelosreyes.blogspot.com.

12 de xuño de 2013

A Coruña énchese de música!

           A Coruña énchese de música!

 
      O verán chega este ano a Coruña da man de artistas que sen duda encherán á cidade de boa música. Algúns deles son:
 
En primeiro lugar temos o concerto que ofrecerá Daniel Diges o 14 de xuño no teatro Colón, no que presentará “Algo muy grande” que ten un fin solidario: todos os beneficios serán doados a Cáritas.

 

A canción máis coñecida de Daniel Diges é "Algo pequeñito", xa que foi a que representou ao noso país no festival de Eurovisión do ano 2010.
 
                   Alejandro Sanz actuará o próximo día 15 de Xuño no Coliseo, ás 22:30 horas, e dará a coñecer o seu último traballo “La música no se toca”, que saíu o 25 de setembro do 2012. Haberá sobre o escenario unha banda de 10 músicos, no que a maioría son mulleres, e será un espectáculo cheo de efectos lumínicos moi impactantes.
 
    
Entre as composicións do seu último disco atópase a canción "Mi marciana"
            Despois seguiremos co concerto que ofrecerá Hombres G o día 21 de Xuño na praza de María Pita ás 22 horas, no que esta banda demostrará que non perdeu ese espírito de pop rebelde que marcou a moitos adolescentes dos oitenta e de xeracións posteriores.O último traballo desta banda chámase “En la playa” e publicouse en novembro do 2012. Este traballo contén duetos dos seus temas máis emblemáticos.
Un dos temas míticos desta banda chámase "Lo noto":

        O día 6 de xullo ven a Coruña Pablo Alborán, que encherá o Coliseum a partir das 22:00h presentando o seu novo traballo Tanto, que foi o álbum máis vendido en España no ano 2012. Este artista foi gañador recentemente dos Premios 40 Principales.

A canción principal do álbum leva o mesmo nome que os disco: "Tanto":
 
        Fito & Fitipaldis dará un concerto o día 24 de xullo no teatro Coliseum, a partir das 22:00 horas, e trátase dun concerto no que se establecerá un formato reducido a 3500 localidades que saíron á venta o xoves 6 de Xuño.  O último traballo deste grupo foi publicado no 2009 e tanto o álbum como a canción principal teñen o mesmo nome: "Antes de que cuente diez"
 
         Spin doctors, banda de rock alternativo de Nova York, actuará o día 13 de Setembro no centro Ágora.

Aínda que o seu último disco publicouse este ano co nome de "If the river was whiskey", posiblemente a súa canción máis coñecida sexa "Two princess", publicada no ano 1991
 
                                       Este verán, a diversión ven da man da música:
                                         DISFRUTA!

9 de xuño de 2013

O futuro da nosa música

É ben sabido que a música é boa para a alma. Como soemos dicir, a música amansa ás feras. Dependendo do noso estado de ánimo, imos escoitar un tipo música ou outro, ben dependendo de que queiramos trocalo, ou mantelo.
Neste tema musical, é necesario apoiar a tódolos grupos de música locais, xa sexa polo seu talento, xa polo seu sacrificio e entrega.
O grupo de hoxe é un colectivo formado por sete músicos coruñeses, estudantes no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Este grupo é Rúa Púm. A banda creóuse a principios deste curso 2012/2013.
Rúa Púm ten un amplísimo repertorio, baseado principalmente no ska, no funky, no jazz, etc. Nas súas interpretacións prima a improvisación. A maior parte das suas actuacións son "performances" e concertos improvisados nas rúas céntricas da nosa cidade, como son a Rúa Real e a Rúa Barcelona.
E sen máis particular, déixovos unhas fotos e uns vídeos dalgúns temas seus. Son dignos de escoitar!!

 

 




1 de xuño de 2013

O RAP DA CIDADE DE CRISTAL

Por Ignacio Pena

Seguro que moitos de vos coñecedes a canción que nun intre vou poñer, pero eu cada vez que a escoito imaxino a nosa cidade de maneira diferente. Esta canción pertence ao artista coruñés Driá. Este rapaz fala da cidade dun xeito moi fermoso, desde o punto de vista do camiñante coruñés.

A canción é un rap, e como os antigos poetas, consegue unha incrible composición con palabras moi simples. Ao final da canción é capaz de rimar cos  nomes de diferentes barrios da Coruña. A letra está en castelán, así que vola deixo aquí traducida ao galego.




Algúns a tratan de cutre e quizais o mereza

pero se te encontras lonxe fai que tu orgullo creza

Chea de lendas, de historias que contar

desa xente mariñeira que ofrece a súa vida ao mar.

Dificil de esquecer

o asfalto cando chove

é algo peculiar

ver como todo se transcorre.

Camiña polas súas rúas e síntete un nativo

podes empezar andando por donde eu vivo.

As estreitas rúas desembocan avenidas

só o camiñante coñece ben cada esquina.

Pérdete e encóntrate na mesma mazá

A Marineda enméigate cando o seu feitizo mana.

O branco das nubes une co azul do mar,

o paseo condúcete ao país de Nunca Máis.

Se non sabes onde estás

mira sempre cara ao Norte,

vendo o horizonte

só xa te orientarás.

Berra " nunca máis "

pa' ver ben o litoral,

se pisas esta terra sabes ten algo especial.

Todo é verde, mozo, aqui non hai marrón,

viva a vexetación, isto, contaminación.

Na punta do país a vida é doutro xeito

o verán xa non existe como moito hai primavera.

A chuvia é o noso simbolo, o mar  nosa bandeira

e está María Pita como inmortal guerreira.

Pásate cando queiras, pa!, quedas invitado,

un saúdo a todos os que seguen deste lado.

A Cidade de Cristal ábrevos todas as portas

aquí ninguén é forasteiro ou polo menos iso contan.

Veña! Somos un lugar distinto,

iso seino eu e sábeo todo Cristo.

Ti dis que non

pero eu sei o teu problema,

falas por falar porque aínda non a tes visto.

Insisto! Pásate pa' coñecela,

poderás opinar pero xamais esquecela.

Botala en falta ? Quizais a botes un día

porque a morriña se une á melancolía.

Coruña, eterna compañeira.

eterna compañeira

Coruña, eterna compañeira.

Os Castros, Moas, Sampedro, Cubela,

Orzán, Zalaeta, A Agra, Palavea,

Ventorrillo, Katanga, Labañou, Corea,

Os Mallos, Birloque, O Barrio, A Gaiteira,

Elviña, Castrillón, Praza de Pontevedra,

A Sagrada, Eiris, Montealto e A Falperra.

Miles de lugares coa súa historia en especial,

                                                 mundo de ilusións na Cidade de Cristal




 
Decídeme que vós parece e se estades de acordo comigo en que é máis bonita en galego que en castelán!



30 de xan. de 2012

Músicas do mundo.

O noso artigo trata sobre as diferenzas da música folclórica celta coa folclórica de Inglaterra :

Música Celta:
      
O festival de Ortigueira do mundo Celta supón un dos festivais máis importantes que celebra a cultura celta de Galicia. Sabemos que no 600 a C vivían Celtas aquí, non obstante, é posible que predomine a nostalxia sobre a realidade cando se afírma que a música galega se basa nunhas oríxes  tan antigas. Os pobos celtas tivieron na súa música moito máis que a habitual expresión cultural-costumista, entrando non só nas raices máis profundas da  alma dun pobo, senón na utiliización da forza do son como medio de conexión coa natureza, a maxia latente no mundo que nos rodea e a espiritualidade. Música celta é o térmo utilizado para describir un amplo grupo  que parte da tradición musical popular dos pobos considerados de tradición celta de Europa occidental . Como tal, non existe un corpo musical real que poda ser descrito como celta, pero o térmo serve para unificar tanto música estrictamente tradicional de determinadas rexións xeográficas, como un tipo de música contemporánea.
       A identificación de características comúns na música celta é problemática. A maioría das formas musicais populares  de hoxe consideradas como característicamente celtas foron comúns a moitos otros lugares de Europa Occidental. Hai xéneros e estilos musicais propios de cada país celta debido as tradicións individuais  canto  ás características das súas linguaxes específicas.

      Facendo un pouco de historia recente, ata os anos 70 a que podería considerarse como música tradicional celta estaba limitada a unhas poucas bandas que mantiñan unha tradición moi "folk" e que exclusivamente utilizaban instrumentos tradicionais (violín, gaita, flautas, arpa, percusión, acordeón e guitarras).

Música Británica:

      A música folclórica de Inglaterra ten séculos de antiguidade e contribuiu á formación de varios xéneros e música de baile. Ten as súas propias variacións e particularidades segundo a rexión. No  ámbito da música popular e bandas inglesas moitos artistas foron mencionados como os máis influentes e  de maior venta de música de todos os tempos. Grupos tales como The Beatles, Led Zeppelin, Pink Floyd, Elton John, Queen, Rod Stewart y The Rolling Stones son algúns dos artistas máis vendidos no mundo.

        The Beatles foi unha banda de rock inglesa activa durante a década de 1960, e recoñecida como a máis comercialmente exitosa e críticamente loubada na historia da música popular. Formada en Liverpool, estivo constituida dende 1962 por Jonh Lennon (guitarra ritmica, vocalista), Paul McCartney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarra solista, vocalista) e Ringo Starr (bateria, vocalista). Lograron éxito comercial no Reino Unido a finais de 1962 co seu primeiro sinxelo, «Love me do». A partir de aí, foron adquirindo popularidade internacional ao longo dos seguientes anos, nos cales fixeron un extenso número de xiras ata 1966, ano no que cesaron na actividade en vivo para dedicarse únicamente á grabación no estudio ata  a súa disolución en 1970. Despois, todos os seus integrantes  embarcáronse en exitosas carreras independentes. Lennon sería asasinado na porta da casa de New York en 1980, e Harrison falecería de cáncer en 2001.  McCartney e Ringo Starr aínda pwrmanecen activos. The Beatles manteñénse como grupo con máis números un nas listas británicas.

3 de feb. de 2011

Propio da terra



Este é Xoel López.
¿Que quen é? Moitos supoño que saberedes quen é, e outros tantos non o saberán.
Xoel López é un cantante Español, pero máis concretamen é Galego, e ademais da Coruña.
O grupo de Pop-Rock que formou que tivo máis éxito foi Deluxe. Prácticamente todas as súas cancións eran en inglés, pero a partir do 2005 comenzou a publicalos en español.

É un gran compositor, e por iso, quixen facerlle unha homenaxe na miña primeira entrada.

Estaría ben que nos vosos comentarios mencionarades outros artistas propios da nosa terra, xa canten en inglés, español, galego ou o idioma que sexa.
Sempre é unha alegría saber de artistas galegos que chegaron a ser algo no mundo artístico (Sexa pintura, música, cine...) e fainos ver que aínda que o vexamos difícil, con esforzo todos podemos chegar a ser algo tamén se o desexamos moitísimo.

Deixóvos cun vídeo dunhas das súas cancións en español máis coñecidas: "Que no".
http://www.youtube.com/watch?v=LBXebiT-S40

Autora: Laura García Rueda

21 de xan. de 2011

16 de xan. de 2011

Luar na lubre

Por Laura Solano

 Nunca escoitara música deste grupo e paréceme interesante o que fan. Por iso investigando un pouco encontreime co proxecto deste grupo (Luar na Lubre) e baséase fundamentalmente nas músicas de raíces galegas polo que dedican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos e tamén fan as súas propias composicións.

A banda sendo coruñesa, converteuse hoxe en día na máis internacional da Galiza levando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta a moitos lugares do mundo.

Tamén gañaron moitos premios, entre eles por exemplo o de mellor grupo de folk da Galiza outorgado polo diario "El ideal Gallego", nove premios da música concedidos pola SGAE e pola "Academia de las artes y las ciencias de la música", sumándoselle dous premios Luar outorgados polo programa "LUAR" da TVG, pola mellor traxectoria profesional e polo mellor tema galego como moitos outros premios.

É un grupo que se da a coñecer pola súa música e paréceme cousa moi beneficiosa para enriquecer a nosa arte polo mundo e darnos a coñecer como pobo galego.
"Luar" significa o resplandor da lúa chea e "lubre" bosque.

Déixovos a páxina principal deste grupo para quen o queira ver.

http://www.luarnalubre.com/historia.php?idioma=gl