Por Inés Gómez Otero, Lucía Vázquez Calvo e Alba Llamazares Rodríguez.
      O Deus  Pan, da mitoloxía grega, tiña
un aspecto mitade humano e mitade cabra. Cubríao unha espesa mata de
pelo, as súas pernas  eran robustas e as súas patas finalizaban en pezuñas.
Da súa fronte partían dous cornos que lle daban aspecto de besta.
      Este Deus, maravillado pola súa
fermosura, enamorouse perdidamente da ninfa Siringa. Pero a ela non
lle interesaba o deus dos pastores e,  como Pan no se conformaba
cunha simple negativa, a moza fuxiu. Siringa correu ata a beira do
río Ladón, per alí xa non tiña por onde fuxir.
Mentres, Pan achegábase máis e máis.
Entón Siringa, sen saber qué facer, pediu  axuda ás súas irmás.
As ninfas convertírona en canas que se erguían á beira do río.
Cando chegou  o Deus Pan, só atopou
unhas  canas ocas, envoltas  nun suave rumor, movidas polo vento. Pan
cortounas e formou con elas una frauta de  tubos, coa que se podían
entoar as máis fermosas melodías.
De alí naceu, segundo a lenda, a Frauta
de Pan ou Siringa. 
Imaxen sacada da páxina web: www.elblogdeliterturadelosreyes.blogspot.com.

 
Fermosísima lenda que inspira fonda tenrura e poesía. O compositor francés Claude Debussy (1862-1918) crea unha peza musical basada nesta historia e que titulou Syrinx. É unha peza musical breve (dura uns 3 minutos) e composta exclusivamente para frauta. É unha composición indispensable para o repertorio dun frautista. Syrinx representa a última canción de Pan antes de morrer.
ResponderEliminar