O próximo luns celebraremos o derradeiro club de lectura deste curso co grupo dos Alcabaleiros que o compoñen alumnos e alumnas de 2º curso de ESO. A novela que comentamos nesta ocasión é o Mundo secreto de Basilius Hoffman, O ladrón de soños, o primeiro libro desta saga. Ademais queremos anunciar que este club vai ser moi especial, porque contaremos coa participación do autor do texto Fernando M. Cimadevila. Emocionante, nonsi?
A continuación a opinión que nos deixan algunhas das nosa intrépidas lectoras:
Por Alba Rodríguez Romero
"O libro gustoume moito, porque Peter e o seu tío Basilius viven máxicas aventuras moi divertidas e arriscadas. Tamén me gustou moito que falara de antigas profecías e lendas e de interesantes criaturas fantásticas. En canto ós personaxes, o que máis me simpatizou foi Basilius, porque me parece un home aventureiro, valente e moi intelixente, e moi bo co seu sobriño. Tamén sentín lástima por Peter, porque non ten uns pais que pasen con el o tempo necesario e non lle poden aportar o seu cariño."
Por Lola Torrente Cabanas
"Gústame do libro que teña referencias á mitoloxía como a historia de Bastet, o deus do sol. Ra ordenoulle que tomase a forma dunha leoa para lles facer pagar a rebeldía dos homes, por iso xurdiu Sejmet "A Terríbel" que invocou aos Sejmetis que arrasaron campos e calcinaron cidades. Tamén aparecen profecías como a que lle obrigan a cumprir a Peter, de que no sexto sol chegaría un barco de luz sobre o vento, que traerá un príncipe que será o Rei da Nova Era, e unha princesa que será sacrificada para calmar a ira de Sejmet.
Dos personaxes o que máis me gustou foi Rivka, porque a pesar do mal que o pasou de nena saíu adiante buscando o seu fogar verdadeiro. Ao final decátase dos seus erros e rectifica. O que menos me gustou foi o Mestre porque fai dano sen piedade de ninguén, pero ao final recibe o seu mereceio cando Bastet o convirte en gato".
Ningún comentario:
Publicar un comentario