Amosando publicacións coa etiqueta Conferencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conferencias. Amosar todas as publicacións

2 de nov. de 2011

DEZASETE LETRAS NA BRÉTEMA.



1º libro publicado do autor

"Dezasete letras na brétema" (nunha ollada arredor de Manuel María) é o título da conferencia que  o poeta  e profesor Alberte Suárez Figueiras, "Alberte Suras" pronunciará hoxe ao alumnado de 2º de Bach.  O acto terá lugar na Sala de Usos Múltiples do noso IES.

















Esta noite, caladamente, tódolo que dis
forma parte do meu ser.
Tódolo que dis é maxia
  feita fantasía de olladas de amor.
 Béixame
Esta noite
tódolo que dis é
 fantasía de olladas de amor.
 Esta noite, caladamente, béixame.

Este poema pertence á súa obra Olladas dun intre de amor (parte VII.Olladas de paixón)

4 de maio de 2011

Con Manuel C. Núñez Singala



O pasado martes 3 de maio tivemos o gusto de recibir ao autor da obra de teatro "Comedia bífida" no noso instituto. Manuel Núñez Singala, que no campo da literatura cultivou o ensaio ("En galego, por que non?", 2009), a narrativa ("Mar de fondo", 1997) e o teatro ("Comedia bífida", 2007); é licenciado en Filoloxía galega, e actualmente dirixe o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Nesa obra de teatro, anteriormente mencionada, propón un xuízo final para realizar unha reflexión sobre a lingua galega. Este foi o tema principal da charla que se celebrou onte.

A conferencia baseábase nunha serie de prexuízos adquiridos que se teñen en contra da lingua galega. A raíz de certas frases, que implicaban estes prexuízos, e de varios xogos, invitou aos alumnos a reflexionar e a que formaran a súa propia opinión sobre o asunto. Recalcou a sorte que temos de ter dúas linguas oficiais, pois o coñecemento de dúas facilitará o coñecemento dunha terceira, e así sucesivamente.


Unha das teses máis defendidas foi a da "malsoancia" de certas linguas estranxeiras e alleas a nós, como por exemplo o alemán, exemplo que puxo de lingua que sempre sae a colación como "lingua que soa mal". Explicou que isto non é máis que un prexuízo ante o descoñecido e a inmediata asociación do individuo, pois este relaciona á lingua cun personaxe da historia.


A finalidade da charla foi abrir os ollos aos alumnos e facerlles reflexionar sobre un tesouro como é a lingua galega, e que a aprecien como tal.


Autoras: Raquel Gómez Ibáñez e Sabela Rey Cao (1ºBH 2).