4 de maio de 2011

Con Manuel C. Núñez Singala



O pasado martes 3 de maio tivemos o gusto de recibir ao autor da obra de teatro "Comedia bífida" no noso instituto. Manuel Núñez Singala, que no campo da literatura cultivou o ensaio ("En galego, por que non?", 2009), a narrativa ("Mar de fondo", 1997) e o teatro ("Comedia bífida", 2007); é licenciado en Filoloxía galega, e actualmente dirixe o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Nesa obra de teatro, anteriormente mencionada, propón un xuízo final para realizar unha reflexión sobre a lingua galega. Este foi o tema principal da charla que se celebrou onte.

A conferencia baseábase nunha serie de prexuízos adquiridos que se teñen en contra da lingua galega. A raíz de certas frases, que implicaban estes prexuízos, e de varios xogos, invitou aos alumnos a reflexionar e a que formaran a súa propia opinión sobre o asunto. Recalcou a sorte que temos de ter dúas linguas oficiais, pois o coñecemento de dúas facilitará o coñecemento dunha terceira, e así sucesivamente.


Unha das teses máis defendidas foi a da "malsoancia" de certas linguas estranxeiras e alleas a nós, como por exemplo o alemán, exemplo que puxo de lingua que sempre sae a colación como "lingua que soa mal". Explicou que isto non é máis que un prexuízo ante o descoñecido e a inmediata asociación do individuo, pois este relaciona á lingua cun personaxe da historia.


A finalidade da charla foi abrir os ollos aos alumnos e facerlles reflexionar sobre un tesouro como é a lingua galega, e que a aprecien como tal.


Autoras: Raquel Gómez Ibáñez e Sabela Rey Cao (1ºBH 2).

8 comentarios:

  1. A mín persoalmente xa de antes nunca me soaron mal as linguas. O que pasa que as veces sí que temos prexuizos e moitos, por exemplo: antes eu pensaba que o alemán era unha lingua que soaba mal só porque cando fun de viaxe a Mallorca había uns alemáns medio bébedos e berrando, pero menos mal que tiven o placer de escoitar o alemán verdadeiro e para mín non e nada mal soante. Gústame.

    Asemade a lingua galega as veces a xente a discrimina unhas veces porque a xente que o está a falar fala un galego normativo, outras veces porque fala un galego con variantes dialectais do galego.

    ResponderEliminar
  2. A mín, coma a miña compañeira Aida, nunca me soaron mal esas linguas, xa que, na miña opinión ningunha lingua no do mundo soa mal. Iso sí, nós dicimos que o alemán a nós soanos mal, pero a verdade é que non estamos acostumados a escoitaxalo xa que no noso alrededor non se estuda nin se detaca de que existe.

    Estou totalmente de acordo con Singala, cando dí que ter a oportunidade de ter dous linguas non a deberíamos desperdiciar e que iso de saber dúas linguas daranos capacidade de poder aprender máis rapidamente outras.

    Eu, estou moi orgullosa do galego, pero a realidade é que nunca o utilizo. No meu entorno todo o mundo fala castelán e desde sempre falei castelán. Non é que despreza ao galego, gústame sentir que na nosa historia podamos dicir que chegamos a ter lingua propia, pero penso qu o galego débese quedar en Galicia, é dicir, non me refiro a que o rexeitemos ás nosas fronteiras como se o "encarcearamos", digo que co galego non vamos moi lonxe, non chegamos a ningún sitio, porque en ningún lugar o saben falar (exceptuando as cidades fronteiras con Galicia). É bo saber galego, saber falalo, escribilo, pero a problema é iso, non podemos ir con él máis alá das nosas fronteiras.

    Recordo da charla, cando nos ensinou uns cantos prexuízos que se tenden a ter do galego. A verdade é que moitos delos son certo, é dicir, que lamentablmente é certo que a xente dín iso. Singala demostrounos que non hai que ter prexuízos de nada, sea da lingua, das personas, do que sea. Iso é algo que todos deberíamos aprender e aplicar a nósa vida.

    ResponderEliminar
  3. Eu como anteriormente dixeron Aida e Laura non me soa mal ningunha lingua. E certo que se forma esa opinión dependendo a quen oias falar.
    Eu a verdade falo galego e castelán por igual, dependendo do idioma que me falen e non o fago porque me de vergonza nin nada.
    O que si botei de menos na charla e que nos falase do libro comedia bífida porque o que nos veu a decir podía decilo calquera outra persoa sin embargo do libro non nos podía falar calquera. Por eso quería ver o escritor e non o profesor.

    ResponderEliminar
  4. Laura Montes Pombar10 de maio de 2011, 11:42

    Para mín a charla deste autor foi unha das máis amenas nas que estiven nunca.
    Pero Diana ten razón. Haberíame gustado que falara da Comedia Bífida, que foi a única que limos.
    Sen embargo, os problemas matemáticos para exemplificar o que quería expresar sobre os valores da lingua Galega foron moi interesantes.
    Con respecto do tratado das linguas que soan ben e as linguas que soan mal, non estiven dacordo coa súa opinión.
    Para mín, o feito de que soen o non soen ben non ten que ver coa súa orixe. O xaponés sóame ben, aínda que a el non, por exemplo.

    Gustoume moito este autor.

    ResponderEliminar
  5. Eu tampacou penso que ningunha lingua nos soe mal, nin de antes ni de agora. É algo tan sinxelo coma que non estabamos acostumados a ela, pero endexamais debemos pensar que unha lingua soe mal, eu persoalmente non o penso. Todas as linguas son boas e pertencen a unha cultura, fan posible a comunicación e polo tanto enriquece o mundo e tamén as persoas por dentro e por forá.
    Eu non son galego falante e a miña familia tampouco o son, eu nin se quera nacin en Galicia, mais levo 17 anos vivindo aquí, e aínda que so sexa na escola gústame falar galego, ainda que cando os meus amigos de fora pidenme que o fale sempre dame moita vergoña pero é certo que temos moita sorte de ter unha segunda lingua como os cataláns ou os vascos e penso que deberiamos coidala e non perdela. E certo o quen din as miñas compañeiras dos prexuizos e penso que ainda que non sexa facil por vivir na socidade na que vivimos onde hai moitos debemos facer un esforzo por non facerlles caso.

    Criatina Chacón 1BH1

    ResponderEliminar
  6. Quería empezar agradecendo a sua presencia e o seu tempo o señor Manuel Nuñez Singala que nos dedicou fara unhas semanas os alumnos do Wirtz para darnos unha charla; ata aqui todo correcto, unha charla que si empezo a desglosala polo seu contido...pois bueno, non sei como acabaría isto. A min persoalmente non me gustou nada, pero nada de nada de nada, e non me gustou nada por que considero que se fixo moita demagoxia barata, e por que toda a charla estivo envolta nun certo tufo, un tufo a...un nacionalismo radical diría eu, por que o que non podemos facer, e defender a nosa lingua, con argumentos como por exemplo que o Aleman nos soa mal por que nos recorda a Hitler (FALSO) o que el Arabe nos suena mal por que nos recorda os terroristas islamicos (FALSO TAMEN), non se pode xeneralizar nin decir este tivo debarbaridades a un grupo de rapaces de 16 anos, si se quere dar unha charla sobre o idioma dende un punto de visto politico vaiase vostede a un mitin ou a facultade de politicas, non a influenciar os rapaces dun instituto.
    Ata aqui a miña opinion, espero non ofender a ninguen, sobre todo o señor Nuñez Singala, non é a miña intencion, so é, a miña opinión.

    David Espiñeira Figueroa
    1ºBH1

    ResponderEliminar
  7. Jose Luis López Fernández 1BH217 de maio de 2011, 13:44

    Pareceme instructiva a charla sobre os prexuízos cara as outras linguas. Non creo que haxa linguas que soen ben ou mellor que outras.
    Tamén a utilización de xogos fixeron a charla menos aburridas e máis interesante.

    ResponderEliminar
  8. Non podo estar máis dacordo co comentario de David Espiñeira.
    A min a charla tampouco me gustou nada, polos motivos que el cita, e máis que nada polo grande nacionalismo pola parte do autor.
    Eu son galega, e non teño nada en contra do galego, todo o contrario. Pero tampouco me parece correcto que, en vez de falar do seu libro, fora a falar da lingua, e coma ben di David, aportando argumentos falsos coma o das linguas que soan ben ou mal, cousa coa que eu non estou dacordo (e segundo vexo, a maioría dos meus compañeiros tampouco).


    Marta Rodríguez García. 1BC2.

    ResponderEliminar