Federico García Lorca (Granada 1898-1936) tamén escribiu en galego!
O poeta estivo en diferentes ocasións en Galicia. A primeira vez que veu era aínda un estudante e visitou as cidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Betanzos, Lugo... Por aqueles tempos xa era un bo coñecedor da nosa lírica medieval ó tempo que lía nos nosos poetas Rosalía, Pondal, Curros, Manuel Antonio... Nunha das ocasións que viaxou á nosa terra, en 1933, coñeceu ó escritor ourensán Eduardo Blanco Amor (1897-1979), a partir de entón desenvolveuse entre eles unha grande amizade. Lorca tiña xa escritos uns poemas en galego e Blanco Amor pediulle que os publicase. Federico García Lorca accedeu e a editorial Nós publicounos en 1935 cun prólogo escrito polo propio Blanco Amor. Un deles é un poema dedicado á nosa Rosalía: Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta
Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e vên
dende Santiago a Belén
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que traia a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristses herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabeos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nídio pombal.
Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!
Federico García Lorca
Ningún comentario:
Publicar un comentario