12 de xuño de 2013

A Coruña énchese de música!

           A Coruña énchese de música!

 
      O verán chega este ano a Coruña da man de artistas que sen duda encherán á cidade de boa música. Algúns deles son:
 
En primeiro lugar temos o concerto que ofrecerá Daniel Diges o 14 de xuño no teatro Colón, no que presentará “Algo muy grande” que ten un fin solidario: todos os beneficios serán doados a Cáritas.

 

A canción máis coñecida de Daniel Diges é "Algo pequeñito", xa que foi a que representou ao noso país no festival de Eurovisión do ano 2010.
 
                   Alejandro Sanz actuará o próximo día 15 de Xuño no Coliseo, ás 22:30 horas, e dará a coñecer o seu último traballo “La música no se toca”, que saíu o 25 de setembro do 2012. Haberá sobre o escenario unha banda de 10 músicos, no que a maioría son mulleres, e será un espectáculo cheo de efectos lumínicos moi impactantes.
 
    
Entre as composicións do seu último disco atópase a canción "Mi marciana"
            Despois seguiremos co concerto que ofrecerá Hombres G o día 21 de Xuño na praza de María Pita ás 22 horas, no que esta banda demostrará que non perdeu ese espírito de pop rebelde que marcou a moitos adolescentes dos oitenta e de xeracións posteriores.O último traballo desta banda chámase “En la playa” e publicouse en novembro do 2012. Este traballo contén duetos dos seus temas máis emblemáticos.
Un dos temas míticos desta banda chámase "Lo noto":

        O día 6 de xullo ven a Coruña Pablo Alborán, que encherá o Coliseum a partir das 22:00h presentando o seu novo traballo Tanto, que foi o álbum máis vendido en España no ano 2012. Este artista foi gañador recentemente dos Premios 40 Principales.

A canción principal do álbum leva o mesmo nome que os disco: "Tanto":
 
        Fito & Fitipaldis dará un concerto o día 24 de xullo no teatro Coliseum, a partir das 22:00 horas, e trátase dun concerto no que se establecerá un formato reducido a 3500 localidades que saíron á venta o xoves 6 de Xuño.  O último traballo deste grupo foi publicado no 2009 e tanto o álbum como a canción principal teñen o mesmo nome: "Antes de que cuente diez"
 
         Spin doctors, banda de rock alternativo de Nova York, actuará o día 13 de Setembro no centro Ágora.

Aínda que o seu último disco publicouse este ano co nome de "If the river was whiskey", posiblemente a súa canción máis coñecida sexa "Two princess", publicada no ano 1991
 
                                       Este verán, a diversión ven da man da música:
                                         DISFRUTA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario