1 de xuño de 2013

O RAP DA CIDADE DE CRISTAL

Por Ignacio Pena

Seguro que moitos de vos coñecedes a canción que nun intre vou poñer, pero eu cada vez que a escoito imaxino a nosa cidade de maneira diferente. Esta canción pertence ao artista coruñés Driá. Este rapaz fala da cidade dun xeito moi fermoso, desde o punto de vista do camiñante coruñés.

A canción é un rap, e como os antigos poetas, consegue unha incrible composición con palabras moi simples. Ao final da canción é capaz de rimar cos  nomes de diferentes barrios da Coruña. A letra está en castelán, así que vola deixo aquí traducida ao galego.




Algúns a tratan de cutre e quizais o mereza

pero se te encontras lonxe fai que tu orgullo creza

Chea de lendas, de historias que contar

desa xente mariñeira que ofrece a súa vida ao mar.

Dificil de esquecer

o asfalto cando chove

é algo peculiar

ver como todo se transcorre.

Camiña polas súas rúas e síntete un nativo

podes empezar andando por donde eu vivo.

As estreitas rúas desembocan avenidas

só o camiñante coñece ben cada esquina.

Pérdete e encóntrate na mesma mazá

A Marineda enméigate cando o seu feitizo mana.

O branco das nubes une co azul do mar,

o paseo condúcete ao país de Nunca Máis.

Se non sabes onde estás

mira sempre cara ao Norte,

vendo o horizonte

só xa te orientarás.

Berra " nunca máis "

pa' ver ben o litoral,

se pisas esta terra sabes ten algo especial.

Todo é verde, mozo, aqui non hai marrón,

viva a vexetación, isto, contaminación.

Na punta do país a vida é doutro xeito

o verán xa non existe como moito hai primavera.

A chuvia é o noso simbolo, o mar  nosa bandeira

e está María Pita como inmortal guerreira.

Pásate cando queiras, pa!, quedas invitado,

un saúdo a todos os que seguen deste lado.

A Cidade de Cristal ábrevos todas as portas

aquí ninguén é forasteiro ou polo menos iso contan.

Veña! Somos un lugar distinto,

iso seino eu e sábeo todo Cristo.

Ti dis que non

pero eu sei o teu problema,

falas por falar porque aínda non a tes visto.

Insisto! Pásate pa' coñecela,

poderás opinar pero xamais esquecela.

Botala en falta ? Quizais a botes un día

porque a morriña se une á melancolía.

Coruña, eterna compañeira.

eterna compañeira

Coruña, eterna compañeira.

Os Castros, Moas, Sampedro, Cubela,

Orzán, Zalaeta, A Agra, Palavea,

Ventorrillo, Katanga, Labañou, Corea,

Os Mallos, Birloque, O Barrio, A Gaiteira,

Elviña, Castrillón, Praza de Pontevedra,

A Sagrada, Eiris, Montealto e A Falperra.

Miles de lugares coa súa historia en especial,

                                                 mundo de ilusións na Cidade de Cristal




 
Decídeme que vós parece e se estades de acordo comigo en que é máis bonita en galego que en castelán!



Ningún comentario:

Publicar un comentario