OUTRA PIONEIRA GALEGA
-
Paz Parada Pumar, outra pioneira galega que, dende o meu punto de
vista, realizou un traballo exemplar ó longo da súa vida.
Nada en 1905 no seo dunha familia liberal, iniciou a súa carreira de medicina en Santiago, obtendo matrícula de honra os dous primeiros anos.
Era entón a única muller entre sesenta matriculados.
No curso 1925-26 trasladouse a Madrid onde rematou os seus estudos aloxándose na Residencia de Señoritas. Continuou coa súa formación nos laboratorios de Anatomía Microscópica de Luis Calandre e de Bacterioloxía e Seroloxía dirixido por Paulino Suárez.
En 1929 casou co medico puericultor Julio Freijanes Malingre e trasladáronse a Lleida, onde Paz abriu un laboratorio de análises clínicas, exercendo unha profesión que naquel momento era espazo propio de homes.
Anos despois trasladáronse a Lugo onde viviron moi de preto a represión xa que o seu home foi acusado en 1936 de ter ideas políticas de esquerda.
Rematada a guerra establecéronse en Ourense, onde Paz foi a primeira muller inscrita no Colexio Provincial de Médicos, e onde puxo en marcha un laboratorio privado de análises clínicas onde traballou ata a súa xubilación.
Faleceu centenaria no ano 2005, deixando a pegada dunha muller que rompeu tabús e incomprensións, exercendo a súa profesión nun espazo que "correspondía" aos homes.
Paz Parada foi a primeira médica colexiada en Ourense, unha actividade que compaxinou co coidado dos oito fillos. A labor precursora de Parada Pumar foi recoñecida é hoxe en día conta co seu nome unha rúa que se atopa moi preto de onde desenvolveu a súa vida profesional. Foi criada nun ambiente liberal en Ourense a comenzos do século xx, a doutora Parada intentou deixarse arrastrar polos convencionalismos o menos posible. Entre os seus compañeiros atopábase xente como o pai de Arrupe ou o Nobel Severo Ochoa. Durante a súa residencia en Madrid acudía á Residencia de Estudantes na que coincidiu con Dalí, Lorca ou Alberti que lle impregnaron a importancia da xustiza social. Unha vez asentada na capital ourensá abriu un labarotario que compartía co seu marido e ao outro lado da porta atopábase o seu fogar onde deixaba de ser a doutora Parada e pasaba a ser dona Pacita que coidaba dos seus fillos.