Por Ana Abella Mantiñán:
A
muller galega:
Mulleres,
nais, fillas, mozas, labregas, marisqueiras...
Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos, mulleres que traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os froitos da terra, cruzando os montes neses chuviosos días de inverno, lavando roupa á beira do río, camiñando pola lama coa pesada carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba ata ós osos, cociñando ricas comidas co pouco que tiñan...
Mulleres
que traballaban fóra e dentro da casa, empregando a gadaña e o
fouciño nas tareas agrícolas coas mesmas mans que acunaban ós
fillos, cun canto de berce á calor da lareira.
Mulleres
que todo o facían cantando, que daban todo polos demais, mulleres
fortes por fóra pero cun corazón moi grande por dentro, viúvas de
vivos e viúvas de mortos.
Mulleres
que viron partir ós seus homes e fillos á emigración, quedando ó
coidado das casas, esperando días e anos as cartas que traían as
noticias de América, deses seres amados que en moitos casos non
viron nunca máis.
Mulleres
que deron a vida polos seus seres queridos, pola súa terra, polos
seus fogares.
Muller
galega que non sei o teu nome, porque tes miles deles...
Para
ti o meu recoñecemento e o meu recordo, para ti a miña sinxela
homenaxe.
Tráxicas, valientes, talentosas, intelixentes, abnegadas, as mulleres galegas foron e son a columna da nosa sociedade.
ResponderEliminar"Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará".
ROSALÍA DE CASTRO, "FOLLAS NOVAS", 1880.
A min gustoume moito o blog e a idea de facelo co nome de "A Cova Céltica", o que máis me gustou foi a noticia sobre as mulleres galegas que nos contan os sufrimentos que lles aconteceron.
ResponderEliminarHounaida Azlou