27 de maio de 2013

REBECA PONTE

Por Patricia Lado:

Unha deseñadora galega personaliza zapatos do xeito máis orixinal.

Rebeca Ponte é unha artista galega adicada profesionalmente ás artes plásticas e á música. Compaxina o seu traballo coa customización artesá de zapatos, ademais de ter unha longa experiencia plástica noutras disciplinas.

A súa afección comezou xa dende cativa. “Eu crieime entre telas e patróns, a miña nai tiña unha escola de corte e confección. As alumnas de miña nai dábanme os botóns que lles sobraban, anacos de puntilla, os vivos, anacos de tea… Eu pintábaos e despois roubáballe os zapatos de tacón á miña irmá maior e convertíallos en zapatos de princesa, coma dicía eu, coa axuda do meu amigo o super-gen”.

Deseña zapatos exclusivos e personalizados para eventos especiais e, sobre todo, para noivas.

Busco este tipo de apliques que me recordan aos adornos ou aos botóns dos abrigos antigos dos anos 30, ou anos 20. Lazos, plumas, terciopelo, piñas, conchas... Os zapatos poden levar perlas naturais, algún recordo familiar...”

Recolle os zapatos da noiva e personalízaos, de xeito que os converte nunha pequena peza de arte exclusiva.


3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Desirée Tracido Nion 1 bach-B

    Artista plástica multidisciplinar e comisaria de proxectos culturais. Dedicada profesionalmente ás artes plásticas, compaxina o seu tempo entre o comisariado e a creación de proxectos culturais expositivos e festivais para diferentes institucións públicas e privadas; a vez que continúa creando os seus propios proxectos expositivos multidisciplinares, nos que une nun mesmo espacio as súas creacións de pintura, fotografía, poesía, música, escultura e performance.
    Entre as diferentes cousas que organizou temos ;


    Proxectos de Comisariado:
    "DONES DE TERRA ENDINS" ( Dons de terra endins)
    STEIN GROUP ART PROGRAM
    SALA SANOGUERA

    Instalacións Artísticas:
    "BOSQUE DE DESEOS" ( Bosque de desexos)
    "EL ESPEJISMO DEL MARINO" ( o espexismo do marino)

    ResponderEliminar
  3. Gracias!
    un saúdo
    www.pontetuszapatos.com
    www.rebecaponte.com

    ResponderEliminar