22 de maio de 2013

Áncora Produccións e Vidal Bolaño

            Este curso o IES Wirtz co gallo da homenaxe a Roberto Vidal Bolaño está centrado en actividades de teatro. Un dos actos ten lugar o día 10 de maio. A compañía de teatro Áncora Produccións realiza unha dramatización dunha selección de fragmentos de diversas obras do autor como Animaliños, Anxeliños, Criaturas, Saxo tenor...ante un público de secundaria e bacharelato.

Áncora produccións son a actriz Ánxela G. Abalo e o escritor e tamén actor Gustavo Pernas Cora. Ademais de interpretar os textos de Vidal Bolaño, agasalláronos con algúns fragmentos da súa serie Logomonos (monólogos teatrais ao revés), concretamente da primeira obra desta triloxía titulada Golgados, a incrible historia de Homesoga, o colgado de Celeiro.


 
Gustavo Pernas Cora vén de gañar o XXI Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais coa obra Isobaras.
Alumnos e alumnas de diferentes cursos  tamén participan activamente coas “lecturas dramatizadas” de obras do autor das Letras Galegas. Un grupo de alumnos de 2º de ESO “están a ler” unha selección de escenas de Criaturas e alumnos e alumnas de bacharelato de ciencias dramatizan a obra Agasallo de sombras, inspirada na biografía de Rosalía de Castro.
 
OPINIÓNS DOS ESPECTADORES-LECTORES DAS OBRAS DE ROBERTO VIDAL

As obras interpretadas parecéronme magníficas e divertidas, algunhas tristes e ouras un pouco sorprendentes; pero en xeral encantáronme, a verdade é que poderían ter interpretado máis. (Inés Cruz Coello, 2º ESO)

Os actores a pesar de ser somentes dous crearon un ambiente moi teatral. A súa interpretación foi excelente e gracias a eles entendimos perfectamente os argumentos dos fragmentos representados. A actuación axudounos a comprender mellor a obra de Roberto Vidal Bolaño. (Adriana Carballo, 2º ESO)
Ánxela Abalo e Gustavo Pernas representaron moi ben as obras deste gran dramaturgo. Penso que foi unha marabillosa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Pasámolo moi ben.
Laura Dacosta Villar, 2º ESO)
A lectura dramatizada de algunhas das obras de Roberto Vidal pola compañía teatral Áncora Producións, foi moi divertida e moi ben interpretada; isto foi debido a que os intérpretes son actores profesionais e que coñeceron a Robero en persoa. Este feito fíxoo aínda que o acto fose máis importante.
(Afonso Enríquez Fontenla, 1º bac)

A dramatización da selección de fragmentos da obra de Roberto Vidal Bolaño foi realmente boa. A experiencia dos autores contribuiu en gran maneira a revalorizar aínda máis a obra do autor. Foi unha grande homenaxe ao primeiro dramaturgo galego.
Pablo Escariz Rancaño, 1ºbac)



Ningún comentario:

Publicar un comentario