Na
provincia da Coruña destacan dúas festas que ademais de ter un recoñecemento
galego e español, contan cunha relevancia turística internacional.
Son,
en primeiro lugar, a festa das festas en Galicia, Santiago Apóstolo, día da capital galega e de toda a comunidade
autónoma, que grazas ao Camiño de Santiago atrae cada ano a millóns de
peregrinos e turistas, desexosos de gozar do botafumeiro na misa do peregrino e
dos tradicionais fogos artificiais na fachada da Catedral.
Outra
festa de carácter internacional é musical e trátase do Festival Internacional
do Mundo Celta, coñecido popularmente como Festival
de Ortigueira, que unha semana antes da celebración do Apóstolo inunda a
vila de Ortigueira de sons de gaita chegados dende Irlanda, Escocia, Francia e
Asturias e que atrae a mozos e non tan mozos desexosos de escoitar a mellor
música de raíz.
Finalmente, e tamén recoñecida como de Interese Turístico Nacional son as Fogueiras de San Xoán que se celebran na noite do 23 ao 24 de Xullo na Coruña. Nelas, unha marea de xente enche a praia de Riazor e outros barrios da cidade herculina para cenar sardiñas asadas e cumprir co rito de saltar a fogueira que mantén afastados aos espíritos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario