3 de xuño de 2013

GALICIAN SONGS

Por Ana Abella Mantiñán
Publican a primeira edición de Cantares Gallegos en inglés
 
 
        A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o martes 28 de maio deste ano a primeira edición do poemario Cantares Gallegos que se publica integramente en inglés.
        A edición está promovida pola Xunta de Galicia e Small Stations Press, e traducida pola canadense Erín Moure. O  volume constitúe "un novo fito na difusión da obra de Rosalía de Castro no contexto internacional".
 Ata agora ex
stían traducións ao inglés "de poemas soltos da obra, pero non do libro completo", algo que permite "un achegamento total ao sentido dos poemas no seu contexto e conxunto”.
A  edición en inglés da obra Cantares Gallegos, da que este ano se conmemoran os cento cincuenta anos da súa publicación, enmárcase nas iniciativas que a Xunta vén promovendo "coa intención de ver crecer a acollida social e o coñecemento do poemario".
Outra das iniciativas realizadas con motivo deste aniversario é a exposición bibliográfica ao redor de Cantares Gallegos que se pode visitar actualmente na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia.
Esta mostra está conformada por unha selección de edicións da obra desde a súa publicación primeira ata a actualidade, partituras de composicións de temática rosaliana
, adaptacións infantís ou traducións.


«A vocación da literatura galega foi sempre estar en diálogo con outras literaturas».

1 comentario:

  1. Andrea Lago Fernández10 de xuño de 2013, 13:49

    Esta noticia demostra a grande importancia da obra de Rosalía e a súa gran difusión, chegando a ser internacional ao publicarse esta nova edición en inglés. Isto permitirá difundir a nosa cultura, xa non só por España, senón por todo o mundo para que así coñezan a grande nación que somos coa nosa propia identidade, o que lles leve a visitar algún día nosa patria e coñecer máis sobre ela.

    ResponderEliminar