Como motivo da celebración do 150 aniversario da publicación ,na
cidade de Vigo, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Fundación Barrié,
a Fundación Rosalía de Castro, a RAG e a Universidade de Vigo organizan unha
exposición conmemorativa entre o 15 de maio e o 15 de agosto de 2013.
A través dunha coidada selección de documentos, publicacións,
fotografías, testemuñas gráficas como manuscritos, xornais, cartas e
fotografías, ata obxectos persoais, mobles, obras de arte e producións de son e
audiovisuais a mostra estructurada en torno a 8 bloques temáticos que van
pasando revista a aspectos como a estadía da parella Castro-Murguía en Vigo; as
súas actividades conxuntas co grupo dos irmáns Chao e Juan Compañel; a
importancia de Vigo como centro editorial do Rexurdimento galego; o valor
literario dos Cantares e o contexto histórico da súa publicación, así como o
proceso de mitificación da súa autora…Propón un percorrido acerca da vida e
obra da inmortal escritora, con especial atención ao proceso vital e creativo
que rodeou a xénese e a publicación dunha obra única coa que Rosalía iniciou o
Rexurdimento da literatura e cultura galega.
A exposición estará acompañada dun programa educativo,
gratuito para ao público, composto por campamentos de verán, visitas guiadas e
talleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario