6 de xuño de 2013

Un día diferente

Equipo do Clube Ximnasia Tempo
O pasado fín de semana, sábado 1 Xuño, celebrouse no Palacio de Deportes da A Coruña o X TORNEO AXIGA. Este torneo lévase celebrando dende hai 10 anos, con clubes de toda Galicia, co galo de que as pequenas e xa non tan pequenas ximnastas mostren os seus coñecementos adquiridos no tapiz  durante todo o ano aos seus familiares e ás entrenadoras. Este torneo contou coa participación de clubes como o Club  María Barbeito (anfitrión do torneo), Club Esquío (Ferrol), Club Acordes Narón (Narón), Club Ximnasia Porriño ( Vigo)  Club Ximnasia Tempo (A Coruña)  que gañou o ouro na categoria senior co aparello cinta, e prata na categoría alevín  con "mans libres", e un coarto posto na categoría prebenxamín tamén con "mans libres", e outro coarto posto na categoria infantil na modalidade de conxuntos co aparello 5 pelotas, e con colexios como Obradoiro, Eirís e Santa María do Mar. Foi unha mañá chea de emoción para todas as participantes, e quero dicir que con este tipo de torneos foméntase o deporte escolar, e anima aos nenos dos colexios ( xa que é un torneo a nivel escolar) a levar unha vida mais saudable e dinámica. Tamén é unha gran oportunidade de coñecer ximnastas de otros lugares e pasar unha mañá divertida e distinta.




2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. En relación co deporte, gustaríame destacar o traballo que realiza “La Federación Española de Deportes para personas con Discapacidad Intelectual”, algo digno de recoñecer, xa que esta entidade permite que cada persoa poida incorporarse á sociedade de forma activa.

    A FEDDI traballa no campo do deporte para discapacitados intelectuais e ten por finalidade a de promover e desenvolver o deporte, ofrecendo opcións e axudas para que cada persoa poida ter as mesmas oportunidades.

    Paréceme algo verdadeiramente extraordinario o feito de que, ademais de poder fomentar o deporte, todos poidamos ter os mesmos dereitos.

    Para que coñezades mellor a FEDDI déixovos aquí o enlace da súa páxina web, e dígovos que ten información moi interesante: http://www.feddi.org/


    "Non te rendas nunca! O fracaso e o rexeitamento son só os primeiros pasos cara ao éxito".

    ResponderEliminar