Diversas personalidades do mundo da cultura e do deporte en Galicia únense nun vídeo para pedir á Xunta que poña fin á megaminaría. Esta campaña online pide que se paralice a apertura da mina de ouro de Corcoesto e outros seis proxectos da mesma índole.
O
vídeo alerta dos perigos sanitarios e medio ambientais que provocan estas
minas.
A
plataforma en liña de recollida de sinaturas Change.org recadou xa 141.736 firmas contra a megaminaría en Galicia.
Persoalmente estou de acordo co vídeo, penso que o mellor é intentar evitar a megamineiría porque esta actividade, destrutiva e contaminante, rematará coa riqueza das Rías Galegas ao envelenar as augas, impedindo o cultivo do marisco, percebes, mexillóns e outras moitas especies.
ResponderEliminarArruinará bosques, fará irrespirable a atmosfera para unha gran masa de poboación e, todo iso, abusando do grave problema de paro que afecta a este país.
Por estas e outras moitas máis consecuencias negativas que provocaría esta práctica, penso que deberiamos loitar por conservar o noso maior recurso económico e facer unha explotación responsable dos recursos naturais.