Diaspora naceu como un conxunto de redes, no que cada un pode montar a súa propia, xa que todas se basean no mesmo código, pero no que te podes conectar con xente de calquera outra, explícovos:
A rede ten distintas vaíñas (pods) e cada unha é independente, funcionando como os distintos clientes de correo como Gmail, Hotmail, Yahoo, etc.
Eu mesmo estou involucrado neste proxecto, xa que me ofrecín para axudar nas traduccións ao galego.
É de supoñer que na próxima actualización do código xa estea dispoñible a versión en galego.
A rede aínda está en fase alpha, polo que se a queredes probar tedes que saber que terá moitos erros.
A vaíña principal é https://joindiaspora.com/, e só se pode entrar con invitación, pero se queredes probala aconséllovos que vos rexistredes en http://diasp.es/
Se despois de probala non vos interesa só tedes que clickar en baixar fotos, borrar conta e ninguén será dono dos vosos datos nunca máis.
ACTUALIZADO
Dende hoxe pola mañá xa temos Diaspora dispoñible en galego.
Debido á ambigüidade dalgunhas palabras en inglés a traducción ten algúns fallos que se irán solventando pouco a pouco.
Se queredes unha invitación só tedes que pedirma, pero apurade, que só me quedan catro.
antonpm@joindiaspora.com
Paréceme moi interesante, grazas Antón. Eu xa oira falar sobre o roubo de datos na rede e era un tema que non me facía moita graza.
ResponderEliminarDende logo esta xenial poder utilizar outras opcións o tuenti o facebook, eu queria comentar que, dende fai pouco tempo, saiu unha rede social totalmente en galego chamada CROIO, unha opción interesante para a xente que queira falar en galego con outra xente.
ResponderEliminarParéceme moi interesante que se creen novas redes sociais,dese modo,a xente pode usar a que lle guste máis,aínda así non debe de ser fácil competir con facebook o tuenti,xa que teñen moitos millóns de usuarios.
ResponderEliminarLuis Ogea Borbón 1BC-2
Paréceme moi interesante esta idea , así hai máis donde escoller. Aparte esta nova rede parece moito máis segura non como nas outras que os datos están a disposición de quen queira.
ResponderEliminarParéceme ben que nesta nova "gran rede" o usuario poida ser sempre dono dos seus datos, e que ao borrar a conta estes desaparezan. Aínda que eu opino que as redes sociais as veces, nos teñen un tanto "atrapados" nelas, quizais, "adictos", e iso é un problema, xa que gañamos o mellor mais vida social, pero á vez perdemos tempo que poderíamos empregar en facer outras cousas ó mellor mais productivas. Por iso creo que deberíamos facer un uso moderado de este tipo de redes sociais.
ResponderEliminarMªSoledad Muiño Lema 1ºBC2
Paréceme ben que exista esta red social, pero a súa vez penso que non tendrá gran aceptación coma o facebook ou o tuenti, xa que si saes a rúa e preguntas por Diaspora* non terán nin a máis minima idea.
ResponderEliminarPaula Manteiga 1BH2