22 de xan. de 2014

28 de decembro día dos Santos Inocentes, de onde vén o costume de gastar bromas?

      Este día conmemórase un feito que conta o evanxelista  Mateo pero que, en realidade, non ten ningún fundamento histórico: a suposta matanza de todos os nenos nacidos en Belén, menores de dous anos, que ordenara Herodes para librarse do acabado de nacer, Xesús. Crese que esta festa católica se uniu a outra pagá que xa existía na Idade Media que se chamaba "a festa dos tolos", por iso ese día gástanse bromas de todo tipo, co obxectivo de deixar quedar a un en ridículo, como colgarlle un boneco de papel no lombo ou dicirlle que lle tocou a lotaría... O día dos inocentes celébrase en España e en toda Latino América. Todo está permitido pero, atención, é posible que nos encontremos con que os enganados somos nós... Entón berramos "Inocente! Inocente!". Noutros países esta festa , que non ten que ver con matanza ningunha, celébrase o 1º de Abril, por exemplo en Francia e en Italia.


1 comentario:

  1. O día dos inocentes e un día que me gusta moito xa que gastar bromas e moi divertido e paréceme que días coma este para pasar cos amigos e rir moito tamén fan faia,gustoume moito a noticia.

    Rubén Calviño

    ResponderEliminar