26 de xan. de 2014

O CASTELO DE SANTO ANTÓN

Por Lucía Vázquez Calvo, Inés Gómez e Alba Llamazares.


É un castelo do século XVI que formaba parte dunha rede estratéxica de castelos e baterías para a defensa da cidade da Coruña.
O lugar que hoxe ocupa o castelo era un illote próximo ao porto da cidade. Nel existía a finais da Idade Media unha capela dedicada a Santo Antón, sendo tamén utilizado con posterioridade como lazareto para illar ós mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa.
A súa construción prolongouse desde o século XVI ata boa parte do XVII, períodos durante os cales a cidade víu partir a Armada Invencible, tivo que facer fronte aos ataques ingleses e ao acoso da flota do arcebispo de Burdeos.
Desde comezos do século XVIII ata o século XX foi utilizado como prisión.

Nos anos 40 deste século a illa uniuse á terra por medio dunha prolongación do peirao das Ánimas. En 1960 foi cedido polo Ministerio do Exército ao concello da Coruña, para albergar un museo arqueolóxico e histórico que abriu as súas portas no ano 1968.


Imaxen sacada da páxina web: www.numendigital.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario