Detalle do percorrido baseado nun mapa histórico |
O percorrido comeza nos Xardíns de Méndez Núñez. Estes xardíns están situados no que se coñece como A pescadería. Son os máis antigos da cidade, da segunda metade do S. XIX, no recheo gañado ó mar. Nun principio eran coñecidos como os xardíns do Ensanche. Posteriormente, no ano 1861, decidiuse que levase o nome de Casto Méndez Núñez (Vigo,1824-Pontevedra, 1869), que foi mariño militar da Real Armada Española e considerado o heroe da 1ª guerra do Pacífico.
Nos xardíns atopamos entre outros, os monumentos dedicados a:
1-Eduardo Pondal
2-Manuel Murguía
3-Concepción Arenal
4-Emilia Pardo Bazán
5-Wenceslazo Fernández Florez, (O bosque animado)
6-Manuel Curros Enríquez
A seguir, cruzaremos ata a Casa do Consulado (frente ó edificio de Correos). Sinalamos que aquí foi onde se celebrou a constitución da Academia Galego, o 4 de setembro de 1905, con Murguía como presidente.
Despois atravesamos a rúa Rego da Auga, onde estivo a librería La Regional, de Uxío Carré Aldao, no nº 30, onde tiña lugar a tertulia da Cova Céltica, xérmolo da Academia.
Continuamos pola Praza de María Pita, onde está a estatua desta heroina e o Palacio Municipal, que foi sede da Academia durante 58 anos, entre 1920 e 1978.
O seguinte destino é a casa actual da Academia galega, na rúa Tabernas 11.
Finalmente faremos unha rápida visita ás casas nas que viviron o matrimonio Rosalía -Murguía e Francisca Herrera. Frente ó edificio está o cuartel de Capitanía, que na orixe foi a Real Audiencia de A Coruña, onde Murguía traballou como arquiveiro. Nas proximidades está o Xardín de San Carlos, no que se atopa a tumba de Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña. (Hoxe en día está aquí o arquivo municipal)
Lembraremos tambén que na Rúa Porta de Ares viviu o compositor Pascual Veiga, quen compuxo a música do Himno Galego. A casa do músico está situada fronte do palacio do ilustrado coruñés Xosé Cornide Saavedra e da igrexia da Colexiata, onde está enterrado o irmandiño Roi Xordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario