En xeral os gatos teñen o estereotipo de ser ariscos, solitarios e demasiado independentes. Non sempre é así. Un exemplo fóra do habitual é o do gato siamés. Esta raza é orixinaria de Siam, actual Tailandia. Ata o século XIX os siameses non eran gatos comúns, pois o rei de Siam considerábaos un tesouro e non permitía a súa saída fóra do país. Nos anos 1880 aproximadamente, un exemplar de siamés chegou a Inglaterra como agasallo do rei de Siam. Os ingleses concederon certa "liberdade" a este animal, e pouco a pouco deixou de ser único en Tailandia.
Caracterízanse por ser moi esbeltos, e ter os ollos azuis. Son moi parecidos entre sí, pero hai varios tipos de siamés. "Falan" moito. Teñen distintos miaños para cada ocasión, e son moi cariñosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario