si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
Miña casiña!, meu lar!"
Con estes versos remata Rosalía de Castro o seu poema "Adiós, ríos; adiós fontes" o primeiro que escribiu para o libro de Cantares Gallegos.
A palabra "lar" poder ter varios significados pero sempre en relación coa casa, co fogar. Precisamente é sinónimo de casa familiar, fogar. Tamén nas cociñas rústicas é o lugar da casa onde se acende o lume e ten como sinónimo "lareira". Por último a palabra lar en plural, lares, fai referencia ós deuses da mitoloxía romana. Na antiga Roma o lar estaba asociado ao fogo sagrado e os lares, manes e penates eran os deuses domesticos. Os deuses lares representaban os espiritos dos antepasados e protexían a familia.
Na casa rústica a cociña é a dependencia máis importante. Nela está a lareira na que se fai o lume para cociñar e tamén para quentarse, por iso nela hai escanos, que son bancos con respaldo e tallos, (bancos pequenos para unha persoa e sen respaldo) para sentarse arredor do lume. Pola parte interior da lareira colócabase un canizo, que é unha estructura feita con paus de madeira, no que se penduraban chourizos e carne de porco para afumalos. Tamén do canizo pode ir pendurada unha cadea -a gramalleira- que sostén o caldeiro de facer a comida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario