25 de abr. de 2012

VISITA Á R.A.G.

Os nosos futuros académicos
Onte, Martes 24 de abril, visitamos a Real Academia da Lingua Galega con alumnado de 1º de Bach. Comezamos polo salón de plenos. A fundación da Academia, a súa situación actual, os seus compoñentes, a escasa presenza de mulleres na institución, as súas actividades, obxectivos, logros... foron algúns dos temas máis importantes que se trataron alí. A seguir subimos ao primeiro andar e visitamos o museo dedicado a Emilia Pardo Bazán, e soubemos máis sobre os seus escritos, as súas ideas... e tamén estivemos no salón da casa museo, curioseamos os mobles, cadros, revistas da época e especialmente o gabinete da escritora cos seus obxectos persoais... Pero sobre todo salientamos o comportamento de todos, que resultou exquisito! Foi unha mañá moi intensa que nunca esquenceremos

 "Na miña opinión si que é necesario ir polo menos unha vez á R.A.G. A visita foi interesante e o informador, Manuel, intentaba que xurdise o noso interese pola institución, pola lectura... El tivo unha actitude coa que intentaba achegarse a nós, os alumnos. A información que deu pareceume moi adecuada, o único, ó final no museo de Emilia Pardo Bazán fomos un pouco ás presas" (Nildes Abella)

      "Eu penso que todo o mundo debe ir polo menos unha vez á R.A.G, xa que me pareceu moi interesante e quedei coas ganas de ver a biblioteca da que nos falou Manuel, o noso guía. Fixo moi bo traballo e gustoume que intentase achegarse ós alumnos e  penso que o conseguiu. O único que non me gustou moito foi que se extendeu bastante no museo de Pardo Bazán."  (Lúa Roldán)

       "Pareceume unha visita bastante amena, aínda que eu pensei que o guía, Manuel nos ensinaría a biblioteca da R.A.G., xa que mostrou bastante interese en que volvésemos para coñecela. A visita, aínda que foi longa, pois parouse nalgúns aspectos bastante tempo, foi contándonos todo de maneira entretida, xa que é xoven e expresábase de xeito coloquial. Por último creo que todos deberiamos ir algunha vez á Academia e aproveitarnos dos recursos dos que dispoñemos, xa que para algo están aí" (Cristina Frade)

        "Na miña opinión foi unha visita bastante interesante e con gran valor, aínda que nalgúns momentos pola súa duración fíxoseme algo pesada. Penso que polo menos hai que ir unha vez xa que aprendes máis sobre a historia da nosa lingua e como se formou. Por último penso que os xóvenes temos que poñer o noso gran de area para que o número de falantes en galego aumente e non se perda" (David Lamas)

        "Esta saída cultural á Real Academia Galega pareceume a mellor que fixemos en moito tempo. A información que recibimos foi moi interesante, xa que demostramos a importancia do galego ao longo da historia e as dificultades polas que tivo que pasar ata hoxe en día. O instructor, Manuel, tamén nos motivou a facer uso dos recursos que temos ao noso redor e de usar o galego xa que é unha lingua moi importante usada por moitos intelectuais e académicos. En conclusión, penso que Manuel ten toda a razón e penso visitalo algún día no primeiro piso ou na biblioteca da Academia"  (Daniel Trujillo)

2 comentarios:

  1. Pareceume unha visita moi interesante e como din os meus compañeiros é un lugar que todo o mundo deberiao visisitar unha vez na vida.
    A única pega foi que non visitamos a biblioteca, supoño porque non nos daba tempo, xa que ivamos moi escasos de tempo.
    Eu xa vin a biblioteca por iso sei que é un lugar moi interesante, pero ainda así gustariame volvela a ver, porque é unha biblioteca que merece a pena.
    Alexandra Parceiro
    1BHc

    ResponderEliminar
  2. Gustoume o detalle de poder ollar escritos de hai máis de cen anos na casa de Emilia Pardo Bazán, aínda que creo que algunhas cousas sobraron: Manuel, o guía, aínda que volveu a visita amena, sí creo que a fixo nun espectro da linguaxe inadecuado, demasiado coloquial (que, se ben é certo que somos un público xove, iso non ten porqué ser sinónimo de que só sabemos falar "koruño", ou parecido), ademais de que para meu gusto deu moita importancia a certos temas e sen embargo deixou outros no aire, ou sen contar. Para min un museo é un museo, sexa quen sexa que o visite: nese aspecto pareceume millor a actitude cara nós de Tonecho na fundación Luis Seoane. Na fundación fumos moi á presa, notouse esa falta de tempo propiciada quizais por tardar bastante na RAG, pero creo que pagou a pena, xa que o guía soubo, aínda así, sintetizar o que foi a vida de Valentín de forma impecábel.
    Como comentan meus compañeiros, a min tamén quedoume o gusanillo de ver a bibliotexa, despois de que Manuel nos falara tanto dela.

    ResponderEliminar