21 de maio de 2012

LUCÍA ALDAO e MARÍA LADO


María Lado(esquerda) e Lucía Aldao (o outro lado)

"Moita poesía, pouca diversión" é o título do recital poético-musical que estas dúas autoras nos ofreceron hoxe no noso centro, con motivo dos actos de Letras Galegas. Moita, moita, moita POESÍA. Un acto poético exquisito, nunca esquenceremos!

Dedicatoria que nos deixaron María e Lucía no Libro das Visitas


6 comentarios:

  1. Pareceume unha actividade moi divertida, ademais de facernos ver que a poesia non é aburrida senón que podemos pasar un bo anaco con ela. Ás poetas eran moi amables e amenas, non fixeron para nada pesada a actividade senón que nos fixeron reir e pasar un bo anaco.

    Nahir Roig 1BHC

    ResponderEliminar
  2. O recital estivo verdadeiramente ben, fixerono moi amenos entre música coa gutarra e a recitación de poemas.
    Ademáis e un punto a favor a defensa que fixeron do galego, gustoume sobre todo a derradeira canción. Porque é certo que a xente tende a facer unha especie de "tradución" cando se lle fala en galego, e ela non adoita falalo.

    ResponderEliminar
  3. A actividade gustoume moito, este recital pareceume moi divertido, sobretodo pola última canción que reflexa en parte a realidade á hora de traducir o galego ao castelan. Facen unha actuación moi orixinal pola súa naturalidade á hora de falar con nós e polo modo en que nos fixeron participar ensinandonos que calquera pode facer poesía. Ademáis a acompañación musical é de moi boa calidade, con varias cancóns de Eric Clapton e coa excapcional voz de Lucía.
    Daniel T.M. 1BHB

    ResponderEliminar
  4. Sinceramente pareceume unha actividade moi amena, e sen dúbida algunha para min, o mellor foi a "traducción" da obra "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro coa que nos deleitaron para finalizar o recital.
    Atopei este video en YouTube dunha das súas actuacións na Coruña, eu coma xa fixera no instituto volvín rirme no momento do poema de Celso Emilio, déixovolo eiquí: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=8N0o3WQo-5w
    Ai si! Tamén quero mencionar que existe un grupo chamado "Dios ke te crew" que versionou, entre outras obras, o poema "Deitado frente ao mar" en forma de rap.

    ResponderEliminar
  5. Foi unha actividade que me gustou moito, ás rapazas o fixeron demasiado ben, xa que, souberon moi ben intruducirnos na representación e fixeron que nos implicaramos con elas moi ben. En fin, eu polo menos paseino moi ben.

    ResponderEliminar
  6. O recital gustoume, sobretodo por a labor de acercamento da poesía cara nos, demostroúnos que todo o mundo pode ser poeta e facer poesía con temas cotidiáns ou mais elaborados, ademáis achegounos a poesía da actualidade cunha estructura métrica interesante e a sua rima libre, as cancións que se tocaron e cantaron eran abraiantes, gustáronme moitísimo, pero penso que se podería cantar algunha en galego.

    joel taibo vilariño 1BC1

    ResponderEliminar