22 de abr. de 2012

DÍA DO LIBRO

No 23 de abril do ano 2012 do século XXI celebramos que sigan existindo estes obxectos tan especiais e sorprendentes chamados libros e para celebralo recomendamos...
"Cielo Rojo é unha novela actual e diferente" (Brais)

"Paréceme emocionante a lenda de Sleepy Hollow"(Kevin)

por NILDES ABELLA
  
        O Día Internacional do Libro ou Día Mundial do libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Foi elixido este día porque corresponde ó falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega (na mesma data no ano 1616). Aínda que realmente non é así: Cervantes faleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentras que Shakespeare morreu o 23 de abril pero do calendario xuliano, que corresponde ó 3 de maio do calendario gregoriano (o que empregamos actualmente).
A festa celebrouse oficialmente por primeira vez baixo a dirección da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo en galego). Como eu son catalana gustaríame falarvos da historia que alí se conta:
           Hai moitos anos, dicían que había un reino no que os habitantes vivían atemorizados porque había un dragón que atacaba o reino. Os habitates decidiron darlle dous cordeiros cada día para que non os devorase. Pero cando os animais empezaron a escasear decidiuse que só se entregaría un cordeiro e unha persoa que sería elexida por sorteo.
Un día tocoulle á filla do rei ser a comida do dragón. Cando xa estaba a princesa na entrada da cova do dragón apareuceu un cabaleiro chamado Sant Jordi que matou ó dragón clavándolle a súa espada e rescatando así á dama. E a lenda di que do sangue que derramou o dragón brotou unha rosa que o cabaleiro regalou á princesa.
E por iso o 23 de abril en Cataluña é habitual que o home lle regale unha rosa á muller e esta lle entregue un libro
"Prefiro ás revistas e gústame a fotografía" (Andrés)






































2 comentarios:

  1. O Día Internacional do Libro ou Día Mundial do libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Foi elixido este día porque corresponde ó falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega (na mesma data no ano 1616). Aínda que realmente non é así: Cervantes faleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentras que Shakespeare morreu o 23 de abril pero do calendario xuliano, que corresponde ó 3 de maio do calendario gregoriano (o que empregamos acutalmente).
    A festa celebrouse oficialmente por primeira vez baixo a dirección da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

    As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo en galego). Como eu son catalana gustaríame falarvos da historia que alí se conta:

    Fai moitos anos, dicían que había un reino no que os habitantes vivían atemorizados porque había un dragón que atacaba o reino. Os habitates decidiron darlle dous cordeiros cada día para que non os devorase. Pero cando os animais empezaron a escasear decidiuse que só se entregaría un cordeiro e unha persoa que sería elexida por sorteo.
    Un día tocoulle á filla do rei ser a comida do dragón. Cando xa estaba a princesa na entrada da cova do dragón apareuceu un cabaleiro chamado Sant Jordi que matou ó dragón clavándolle a súa espada e rescatando así á dama. E a lenda di que do sangue que derramou o dragón brotou unha rosa que o cabaleiro regalou á princesa.
    E por iso o 23 de abril en Cataluña é habitual que o home regálelle unha rosa á muller e esta entréguelle un libro.

    ResponderEliminar
  2. William Shakespeare foi un dramaturgo, poeta e actor inglés. Algunhas veces coñecido como o Bardo de Avon.

    Shakespeare é considerado o escritor máis importante en inglés e un dos máis famosos da literatura universal.

    As súas pezas son representados con máis frecuencia e en máis países que calquera outro escritor.As obras de Shakespeare foron traducidos nas principais linguas e as súas pezas seguen a ser representadas en todo o mundo.
    Ademais, moitas citas e aforismos das súas obras convertéronse en parte do uso cotián, tanto en inglés e outros idiomas.
    Co paso do tempo, houbo moita especulación sobre a súa vida, cuestionando a súa sexualidade, afiliación relixiosa, e mesmo a autoría das súas obras.

    Cristina G.V. 1bc1

    ResponderEliminar