tag:blogger.com,1999:blog-287410372987265143.post3835701128199745289..comments2022-03-01T23:12:01.099-08:00Comments on A COVA CÉLTICA DO WIRTZ: DÍA DO LIBROcris asensiohttp://www.blogger.com/profile/11954032657701645538noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-287410372987265143.post-20000942106892846542012-06-09T07:48:01.621-07:002012-06-09T07:48:01.621-07:00William Shakespeare foi un dramaturgo, poeta e act...William Shakespeare foi un dramaturgo, poeta e actor inglés. Algunhas veces coñecido como o Bardo de Avon.

Shakespeare é considerado o escritor máis importante en inglés e un dos máis famosos da literatura universal.

As súas pezas son representados con máis frecuencia e en máis países que calquera outro escritor.As obras de Shakespeare foron traducidos nas principais linguas e as súas pezas seguen a ser representadas en todo o mundo.
Ademais, moitas citas e aforismos das súas obras convertéronse en parte do uso cotián, tanto en inglés e outros idiomas.
Co paso do tempo, houbo moita especulación sobre a súa vida, cuestionando a súa sexualidade, afiliación relixiosa, e mesmo a autoría das súas obras.

Cristina G.V. 1bc1Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-287410372987265143.post-9355670033769066882012-04-28T10:39:37.560-07:002012-04-28T10:39:37.560-07:00O Día Internacional do Libro ou Día Mundial do lib...O Día Internacional do Libro ou Día Mundial do libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Foi elixido este día porque corresponde ó falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega (na mesma data no ano 1616). Aínda que realmente non é así: Cervantes faleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentras que Shakespeare morreu o 23 de abril pero do calendario xuliano, que corresponde ó 3 de maio do calendario gregoriano (o que empregamos acutalmente).
A festa celebrouse oficialmente por primeira vez baixo a dirección da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo en galego). Como eu son catalana gustaríame falarvos da historia que alí se conta:

Fai moitos anos, dicían que había un reino no que os habitantes vivían atemorizados porque había un dragón que atacaba o reino. Os habitates decidiron darlle dous cordeiros cada día para que non os devorase. Pero cando os animais empezaron a escasear decidiuse que só se entregaría un cordeiro e unha persoa que sería elexida por sorteo.
Un día tocoulle á filla do rei ser a comida do dragón. Cando xa estaba a princesa na entrada da cova do dragón apareuceu un cabaleiro chamado Sant Jordi que matou ó dragón clavándolle a súa espada e rescatando así á dama. E a lenda di que do sangue que derramou o dragón brotou unha rosa que o cabaleiro regalou á princesa.
E por iso o 23 de abril en Cataluña é habitual que o home regálelle unha rosa á muller e esta entréguelle un libro.Nildes Abellahttps://www.blogger.com/profile/00049254262674761580noreply@blogger.com