Paula A. e Iria F.
A ledicia palpábase no ambiente cá chegada dun novo membro á familia, a pequena Yuma.
Co paso do tempo a recén nacida converteuse nunha alegre nena.A súa tez escura,resplandecía cá luz do Sol, mentras xogaba cós seus tres irmáns.
Durante aquel tempo, a sequía deu lugar a un terrible incendio que trouxo como consecuencia a calcinación das leiras da súa casa.Tras este dramático suceso,Yuma e toda a súa familia tomaron a decisión de emigrar cara Europa ca esperanza de vivir nun mundo mellor.Para Yuma, o único coñecido era a súa aldea, polo que se sentía triste ao ter que deixala, e abandoar o lugar que a viu nacer e onde pasou a súa infancia.Por outra parte encamíñabase a vivir una vida en Europa que lle foi presentada como o mesmo paraíso.
A decisión de marchar á Europa, era una idea que os país da nena pensaran con anterioridade , e con moito esforzo e traballo conseguiron aforrar o diñeiro que costaba a dura viaxe. O terrible suceso acontecido apresurou a marcha.
Chegado o día da partida, ao subir ao barco decatáronse da verdadeira dureza da travesía.Tras meses de navegación a través do Atlántico nun bote cheo a rebosar de xente,saínte de Senegal e con destino a España,perdeuse no fondo do mar.
A maioría morreron afogados, aunque algúns conseguiron resistir uns poucos minutos máis loitando pola súa vida coma Yuma .Cando a nena estaba a divisar un barco na distancia, agotada, o seu corpo afondouse nas xélidas augas.
Miles de persoas coma Yuma,vense obrigadas a migrar e na búsqueda dun futuro mellor en Europa, perden a vida .
http://f.i.uol.com.br/folha/mundo/images/16146129.jpeg
Ningún comentario:
Publicar un comentario