15 de xuño de 2016

Mulleres

  Por: Marcela M.
                                                 MULLERES


A desigualdade de xénero é un problema que está moi presente na actualidade, e isto tería que rematar, por iso vou falar sobre un poema de Rosalía de Castro, quen foi unha ¨revolucionaría¨ e feminista na súa época.


                                                  VAGUEDÁS 
                                            ( de Follas novas, por Rosalía de Castro)

                                          Daquelas que cantan as pombas i as frores
                                          todos din que teñen alma de muller.
                                          Pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma, 
                                          ¡ai!, ¿de quen a terei?


Este poema protesta contra a desigualdade de xénero que había no século XIX.
O gran dilema de Rosalía nestas liñas é que na súa época só tiñan alma de muller as que escribían e falaban  de cousas superficiais e banais, en xeral cousas sen importancia, pero ela que escribía sobre os problemas da época, preguntábase de que se supoñía que tiña a alma.

Rosalía ademáis de gustarme moito polos seus poemas, tamén a admiro porque foi unha das pioneiras do feminísmo e loitou durante toda a súa vida.




A violencia de xénero maniféstase de diversas  formas, neste caso vou comentar unha noticia moi chocante que acconteceu hai unhas semanas.

Unha menor foi  drogada e violada por trinta homes, no norte de Río de Janeiro.
A rapaza  foi de festa o fin de semana á casa do seu mozo para xuntarse cuns amigos, e non a encontraron ata a madrugado do xoves.
A xoven alega que non recorda case nada do que aconteceu, xa que estaba dopada.
Ademáis de ser abusada tan ferozmente, grabaron a violación e divulgarona nas redes socias, entón a xente comezou a denunciar.
Pero o peor de todo non é  soamente a violación se non, que moitas persoas din que a culpa é da vítima.
Con este último dato quero expoñer que a sociedade por moi avanzada que estea, tecnoloxicamente, ou  presumamos por todos os avances que fai a ciencia e demáis, os dereitos humanos seguen sen ser respetados, e o MACHISMO segue presente en todas partes.

                                              "A culpa nunca é da vítima"



                                         









Ningún comentario:

Publicar un comentario