O CASO DE PEPE CARBALLEIRA
Petra Kova é unha axente de medioambiente de orixe rusa, pero está destinada en Galicia por un caso de explotación dos bosques.
Cando Petra chegou a Galicia quedou marabillada ca súa paisaxe e preguntouse que clase de persoa sería capaz de alterar esta beleza paisaxística.
Cando Petra chegou ao edificio onde estaba a asociación, os encargados superiores explicáronlle que o home que estaba destruíndo os bosques chámase Pepe Carballeira e é o maior productor e exportador de papel de España. Pepe tiña tres fabricas nas afóras da cidade é a súa principal fonte de papel, leva sendo dende varios anos, os bosques galegos chegando a reducir a cantidade de árbores á metade.
Os superiores explicáronlle a Petra que levavan moite tempo intentándo metelo na cárcere, xa que aparte da explotación dos bosques, explotaba aos seus traballadores. Con esta nova información Petra comenzou a investigar sobre Pepe Carballeira. Atopou que era un home viúvo, sen fillos, pero o que máis lle sorprendeu foi que Pepe fose arrestado por agresión a tres mulleres, tres veces, segundo as súas declaración, el pensaba que as mulleres só valían pra estar na casa e cumprir os mandatos dos homes. Cando leu isto, a Petra ferviulle o sangue e xurou que ía conseguir meter a ese canalla no cárcere.
Un mes despois disto, inda coa axuda do equipo que lle proporcionara á axencia, non conseguiron atopar nada, polo que decidiron tomar unha medida un tanto peculiar, infiltrar a Petra na fábrica máis importante pra conseguir probas dos delitos de Pepe.
A axencia aceptou esta nova medida, pero cun tempo máximo de dous meses de infiltración.
O día da infiltración estaba todo listo, o seu equipo introducira o seu nome falso na lista de traballadores. Equipárona cun micro no móbil, cunha mini-cámara no pendente e tamén tiña unha identificación, plastificada, co seu nome falso.
Xa levaba dúas semanas infiltrada e xa coñecera a Pepe e parecíalle un lerchán, pero dos grandes. Durante esas dúas semanas conseguiu fotos e videos dos traballadores onde se vían unhas condicións laborais pésimas.
Cando xa levaban un mes na fábrica, Pepe víraa merodeando polos despachos e comenzaba a desconfiar desa muller chamada Claudia, que era o nome falso de Petra. Pola contra, ela averiguou onde se atopaban os papeis que quería e decidiu, xunto co seu equipo, conseguilos o luns seguinte.
Cando Petra logrou localizar os papeis, que estaban nun despacho, entrou disimuladamente vixiando de que Pepe non a vise. Cando colleu os papeis, o seu equipo cortou a electricidade e saiu sen ser vista.
Á semana seguinte Pepe estaba xa no cárcere por todos os delitos que cometera e Petra quedou a vivir en Galicia.
PINTURA DE OVIDIO MURGUÍA E CASTRO |
Ningún comentario:
Publicar un comentario