2 de nov. de 2015

Crítica da obra teatral As fillas bravas

O espectáculo consiste nunha representación de coplas galegas a favor dos dereitos da muller, combinado con diálogos de carácter humorístico entre as protagonistas. A obra comeza coas mulleres cantando unha copla galega, acompañada da pandeireta. Unha vez rematada a interpretación, comezan a falar informalmente e preséntanse, sempre cun toque de humor. A partir da conversa lémbranse de máis cantares, e seguindo este esquema transcurre a obra.
Os temas principais que abordan son a condición das mulleres ao largo da historia, a rebeldía que algunhas atrevéronse a amosar cos seus cantos, e a importancia do papel que desempeñaron na sociedade desde a antigüidade. A imaxe das tres señoras maiores logra unha maior cercanía ao tipo de público ao que está dirixida a obra.
O seu principal obxectivo é transmitir o valor das mulleres, e concienciar un pouco aos espectadores sobre as relacións de xénero.
As protagonistas son unha señora regordeta, unha máis moderna, e unha moi vella.
A primeira era especialmente cercá ao público, e tiña un gran sentido do humor.
A que era algo máis moderna que as súas compañeiras, non tiña tanto sentido do humor, pero facía participar na obra ao espectador, o que lle daba máis dinamismo.
A señora máis anciá semellaba que non lle importa nada; dicía o primeiro que lle viña á mente, e era a que máis facía rir ao público. Eu, persoalmente, penso que sobreactuaba, pois as mans tremíanlle dun xeito fóra do normal.
A obra en sí é simple, pero bastante boa. Consegue manter a atención do público, e á vez xira ao redor dun tema de moita importancia.
En definitiva, esta obra cumpre o obxectivo de sensibilizar entorno a igualdade de xénero. Na miña opinión, é grazas ás protagonistas, pois interpretan o papel de mulleres independentes e defenden con orgullo os seus ideais.
Recomendo esta obra, pois é bastante interactiva e entretida.
[Imaxe tomada de La Voz de Galicia]



Ningún comentario:

Publicar un comentario