Todo o mundo precisa dunhas condicións ambientais
adecuadas para estudar e concentrarse, e que menos que un instituto para ter
estas constantes en orde, xa que estamos nel unha media de 6 horas diarias, e é
case como o noso segundo fogar.
Existen numerosos estudos que demostran que o exceso de
ruído nos centros educativos dificulta os procesos de atención e aprendizaxe
nos nenos. Tres problemas son os que afectan a alumnos e profesores. En
primeiro lugar, o ruído procedente de fontes externas, o que fai que os alumnos
e profesores teñan que elevar o seu ton de voz. Outro problema moi importante é
a reverberación, que é o efecto producido polo rebote das ondas sonoras e que
fai que o alumno non só reciba a mensaxe falando en forma directa, senón inumerables
copias desta mensaxe.
Desde a asociación Clave (que ten como obxectivo mellorar
a calidade de vida de persoas con problemas de audición) consideran que hai que
chamar a atención sobre a importancia da educación para combater a
contaminación acústica.
Eu estou dacordo ca publicación , xa que é algo que pasa moi habitualmente na clase . Está moi ben escrito . Gustoume o artigo .
ResponderEliminarAlba Montenegro .
Moi ben, os debuxos moi chulos.
ResponderEliminaratt: DMS
Moi ben, os debuxos moi orixinales e bonitos
ResponderEliminarGustoume o artigo xa que o tema a tratar aféctanos a todos á hora do estudo diario, é un tema que debería ser máis tratado xa que por desgraza a sociedade cada vez pensa menos nos estudantes e todos os problemas que repercuten en nós.
ResponderEliminar