Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e do ano vello, e o Samaín é a adaptación da palabra “samhain”, que en gaélico significa " fin do verán ".o do inverno e o ano novo.
A noite do 31 de
outubro a 1 de novembro foioprimeiro dia do ano natural Céltico.
Durante a celebración da chegada do inverno, eran homenaxeados os
devanceiros usando os cranio dos inimigos derrotados na batalla como amuletos
para afastar as almas escuras. Co tempo, a tradición cambiou as caveiras por
cabazas decoradas con velas acesas dentro.
Na cultura galega atopamos este elemento en distintas formas. Dependendo da
zona de
Galicia, atopamos calacús, melo…
Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas
para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar
alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume
prendido nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas. Por
veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida,
para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
O cristianismo converteu este ritual pagano na festa de Tódolos Santos.
Os irlandeses levaron a tradición Estados Unidos, onde se adaptaron e, en
certa medida, remataron apropiándoa e exportáronna ó mundo co nome de
Halloween.
A tradición de dar
comida para o falecido practícase desde finais da Idade Media nas Illas
Británicas en que os
mendigos foron suplicando por comida de porta en porta a cambio de orar polas
almas dos falecido e, logo disto apareceu o " dozura ou travesura "
(actual trick or treat norteamericano)
Neste momento, non
pode perder a comida, onde os ingredientes protagonistas son castañas
e da cabaza.
Velaquí deixo algúns
pratos típicos desta data:
Larpeirada de Samaín Chulas de cabaza
Osos de santo Fritos de vento
Outra tradición típica tanto no samín galego, coma no Halloween no resto de países americanos é a de disfrazarse. Sobretodo de cousas que den medo, como pide esta noite de ánimas.
Laura Noya, Sofia Sabio
Gustoume moito este artigo .É un tema moi interesante a orixe dos nosos costumes . A foto dos gatos é moi graciosa .
ResponderEliminar