17 de maio de 2015

Por Patricia Rajo, Irene Mazaira e Alejandro Pouso

TOPÓNIMOS

  OS MALLOS

Os Mallos é un barrio desenrolado nos anos 50 pero a orixe do seu nome ven da antigüidade. O seu nome deriva da palabra mallo (instrumento agrícola de madeira usado para mallar), xa que nesta zona mallábase o millo. É un topónimo referido á historia, costumes locais, a unha ferramenta ou profesión. En Galicia atopamos moitos lugares con esta grafía.



  • RÚAS


- Avenida alcalde Alfonso Molina: orixe antroponímico. Alcalde da Coruña entre 1947 e 1958.


- Alcalde Asunsolo: orixe antroponímico.


- Ángel del Castillo: orixe antroponímico. Historiador de arte e arqueólogo coruñés, membro adxunto da R. A. G. en 1905.


- Ángel Senra: orixe antroponímico.


- Antonio Pereira: orixe antroponímico. Escritor e poeta español que practicaba a costume de filandón.


- Antonio Viñes: orixe antroponímico.


- Avenida Arteixo: toponimia do relevo (palabra prerromana que significa depresión do terreo).


- Astorga: haxiotopónimo, significa “cidade para celebrar o culto dos deuses”.


- Asturias: orixe hidronímico (a grafía en latín Sturia significa río).


- Ronda de Outeiro: toponimia do relevo. Significa monte alto.


- Río Eo: orixe hidronímico. Río que pasa por Galicia e por Asturias.


- Río Sil: orixe hidronímico. Afluente do río Miño que pasa polo este de Galicia.


- Rio Ulla: orixe hidronímico. Río galego do noroeste da península que pasa por A Coruña.

  • A maioría dos nomes das rúas son de orixe antroponímico.


CATRO CAMIÑOS

Catro Camiños é un barrio moi próximo ós Mallos, tamén poboado nos anos 50 por inmigrantes e mariñeiros. O seu nome procede da unión de catro rúas (Fernández Latorre, Av. Xeneral Sanxurxo, Av. Alfonso Molina e Concepción Arenal), é un topónimo referido a vías de comunicación (camiños). 

  •   RÚAS

- Juan Fernández Latorre: orixe antroponímico. Político español que naceu en 1849, foi deputado en Cortes na primeira república . Morreu en 1912.


- Xeneral Sanxurxo: orixe antroponímico. Destacado militar español nacido en 1872 que protagonizou o falido golpe de estado en agosto de 1932.


- Alfonso Molina: orixe antroponímico. Alcalde da Coruña na primeira metade do século XX, era un enxeñeiro de camiños.


- Concepción Arenal: orixe antroponímico. Escritora española nacida en 1820 e falecida en 1893, coñecida por ser unha das poucas mulleres escritoras da súa época.


- Enrique Hervada: orixe antroponímico. Médico coñecido por posuír a primeira máquina de raios X na Coruña.


- Santiago Ramón y Cajal: orixe antroponímico. Médico español pertencente a Xeración dos Sabios.


- Caballeros 1: orixe histórico. Na antigüidade nesa rúa pagábase a renda da alcaba, os que a recollían chamábanse alcabaleiros, pero ó traducilo ao español quedou como “Caballeros”.


  • A maioría dos nomes das rúas son de orixe antroponímico.


    O USO DO GALEGO

A maioría das persoas de máis de 65 anos falan diariamente galego, tanto no barrio dos Mallos coma no de Catro Camiños. O idioma galego permanece tamén no uso diario das persoas cunha idade inferior a 60, pero a poboación con menos de 20 anos fala máis castelán.  
O 18 de febreiro entrevistamos a concelleira destes dous barrios (Carmen Herbeda), e ó preguntarlle de que dependía o uso do galego en cada barrio contestounos: “A lingua é un aspecto individual de cada persoa, independentemente da idade ou do barrio ó que pertence”. Nós, despois das entrevistas ós cidadáns, comprobamos que a xente maior ten a tendencia de falar con máis frecuencia o galego cá xente de menor idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario