Uso
do galego nos Mallos
Segundo
as enquisas que realizamos nos Mallos a meirande parte
dos residentes falan en castelán. Os principais galego falantes do
barrio son as persoas máis vellas; e os que falan castelán, son a
maioría dos adultos, dos mozos e das mozas.
Cando
preguntamos á xente pola súa opinión acerca do galego, dicíanos
que debería de fomentarse máis o seu uso, posto que pouco a pouco
estase perdendo. Preguntámoslles que farían eles a aumentar o uso
do idioma nos colectivos máis novos. Moitos dixeron que para incitar
ao seu uso, os pais e nais dos rapaces e rapaces, poderían falar con
seus fillos e fillas en galego máis veces; outros, propuxeron que se
fixeran actividades na que os monitores falasen en galego, facendo
así, que os nenos e nenas empregasen o galego.
Topónimos
nos Mallos
A
orixe do nome do barrio dos Mallos ven da verbo ''Mallar'', isto
debese a que antigamente na zona onde esta agora o barrio, mallábase
o trigo e o millo. É un topónimo de labor.
Ronda
de Nelle: Procede dun núcleo
de habitantes que vivían moi cerca do
que agora é o parque Santa Margarita. É un topónimo de núcleo de
poboación.
Ronda de Outeiro: O nome
proven dun antigo outeiro que había na zona onde está a calle. É
un topónimo de accidente xeográfico.
Rúa Noia: Este nome é
debido á idea dun concelleiro de conmemorar a vila natal do alcalde
Ángel Senra. É un topónimo de núcleo de poboación.
Capitán Juan Varela: O
seu nome débese ao Valente heroe que axudou a María Pita. É
un topónimo de nome de persoa.
Ángel Senra: Podería
considerarse a rúa central do barrio. O seu nome débese ao primeiro
alcalde que tivo A Coruña durante a Segunda República. É un
topónimo de nome de persoa.
Rúa de Eusebio da
Guarda: Esta rúa ten o nome do que se considera o gran benefactor da
cidade de A Coruña, Eusebio da Guarda. É un topónimo de nome de
persoa.
Avenida
de Sardiñeira:O
seu nome llo da o Río Sardiñeira. É un topónimo de río.
Rúa
San Rosendo: O
seu nome proven un abade chamado Rosendo. É un topónimo relixioso.
Rúa
Río Traba: O
nome da rúa llo da o Río Traba. É un topónimo de río.
Praza de San Cristovo: O nome da praza proven dun santo, San cristovo. É un topónimo dun santo.
Avenida de Arteixo |
Avenida dos Mallos |
Ronda de Outeiro |
Traballo feito por:
Francisco, Luis e Ezequiel
Ningún comentario:
Publicar un comentario