Por Guillerme López
Toponimia:
O nome do barrio de Catro Camiños deriva da antigüidade, cara os
anos trinta, cando inmigrantes provintes de Castela e León
asentáronse nesta zona da antigua cidade de Oza, dandolle este nome
polos catro camiños nos que bifurcábase un pequeno xardín.
Historia:
Como acabo de dicir, o barrio de Catro Camiños foi fundado por
inmigrantes Castelán-leoneses que desexaban asentarse nunha cidade
costeira próspera e con posibilidades de crecer. O barrio prosperou,
e máis e máis xente múdabase a Catro Camiños coa esperanza de
mellorar a súa calidade de vida.
O
Barrio:
Catro Camiños conta actualmente con 11000 persoas vivindo nel,
moitas zonas de recreación (coma o Bingo enfrente da fonte),
hostalaría (O Remanso, o maior bar-restaurante de todo o barrio foi
pechado hai pouco e, ata entón, sen dúbida era o máis importante
do barrio e da cidade), varias igrexas, destacando a de San Pedro de
Mezonzo, biblotecas e institutos coma o noso, o Fernando Wirtz.
Costumes:
O costume máis arraigado do barrio é, cando o equipo da cidade, o
Deportivo da Coruña, consegue algún título, ou gaña un partido
importante, ou ascende de categoría, adóitase celebralo na fonte de
Catro Camiños, unha festa que pode alargarse ata altas horas da
mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario