O pasado 18 de marzo veu ó noso instituto Pedro Feijoo para participar no noso club de lectura e estívonos contando sobre a experiencia de escribir a súa primeira novela, Os fillos do mar, que xa leva sete edicións. Alí descubrimos que deixou a música rock por culpa dunha hernia discal. Pedro é un home que, segundo el di, está a pasar pola crise dos 40, é lambón e creceu rodeado de libros. Unha das curiosidades que contou foi que a portada da edición de Xerais foi de improviso e encántalle ao autor e que se basea en historias verídicas e nas súas propias ademais de que todos os lugares dos que escribe son reais e estivo neles. Foi moi amábel e contounos moitas cousas interesantes respondendo a todas as nosas dúbidas.É una excelente persoa ademais de bo escritor e oxalá poidamos volver a contar con el e que teña un grande éxito no seu próximo libro.
Andrés, Adrián, Marina, Carla, Aarón e Julia (de 1º de BAC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario