15 de maio de 2015

Os nosos barrios: A Sagrada Familia

  Por Alba Álvarez, Ana Montenegro e Fernanda Quintás

 

A SAGRADA FAMILIA

        O GALEGO NO BARRIO  

Neste barrio concéntrase unha gran cantidade de poboación inmigrante, tales como sudamericanos, subsahariáns, persoas de etnia xitana... É por isto polo que unha gran parte da poboación do mesmo cree que nel non se fala galego. Sen embargo, preguntamos nalgúns comercios da zona como ven eles o uso deste idioma, e respondéronnos cousas como:
Eduardo (Librería Queixume):  ``Eu non vexo que moita xente fale o galego no barrio, aínda que eu si o fago; porque é parte da nosa identidade e é unha lingua moi fermosa. Penso que para que a xente volvera utilizalo deberiamos motivar aos mozos a falalo. Por exemplo, cando eu cheguei á cidade con 14 anos, marxinábanme por falar galego, polo que tiña que falar castelán.´´




Mirian (bookEmails): ``A maioría da xente non me fala en galego, porque ao verme, como son sudamericana, pensan que non sei falalo. Aínda que a xente de máis de 60 anos si que adoita falar en galego. E un rapaz universitario, que vén de cando en vez, tamén me fala galego.´´

Anilda (propietaria dun locutorio): ``A xente fala galego e fala castelán. Eu falo portugués e por iso hai xente que pensa que falo galego, aínda que non o falo. Pero de todas formas, a xente fálamo igual.´´


    

           

 

 

      

     

 

 

 

      TOPÓNIMOS

O topónimo da Sagrada Familia provén do termo utilizado para nomear á familia de Xesús de Nazaret, composta segundo a Biblia por Xosé, María e Xesús. Foi desarrollado nos anos 60-70 e como se pode comprobar, unha gran cantidade dos nomes das súas rúas é de carácter relixioso:


Topónimo
Significado
Rúa Nosa Señora de Fátima
Relixioso. Imaxe da Virxe que se apareceu a uns nenos en Fátima
Rúa Nosa Señora da Luz
Relixioso. Imaxe da Virxe, patroa dos empregados do gas e da electricidad
Rúa San Xaime
Relixioso. Mártir, foi condeado á pena capital
Rúa Reis Magos
Relixioso. Tres sabios que foron adorar ao Neno
Rúa San Lucas
Relixioso. Autor do terceiro Evanxelio
Rúa Pontedeume
Xeográfico. Municipio situado na provincia da Coruña
Rúa Cardenal Cisneros
Personaxe célebre. Foi cardenal, arzobispo, primado de España e tercer inquisidor xeral de Castilla



Ningún comentario:

Publicar un comentario