En 1891 levántase o sepulcro na parede esquerda da capela,
feito en mármore e de “estilo Renacemento”. O 25 de Maio dese ano son
depositados os restos da escritora no panteón, onde posteriormente serán
enterrados Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Alfonso R.
Castelao e Domingo Fontán.
Bonaval simboliza o mais representativo da cultura e
historia de Galicia. Esta capela, orixinanalmente do século XIV, exerceu como
sala capitular e probablemente foi sede da Confraría do Rosario. En 1852
aparece con nome da capela do Cabido, no testamento de Isabel de Cisneros, e
pouco mais tarde é denominada como capela da Visitación.
A actual capela de San Domingos é una obra barroca do século XVII, de planta cadrada e cunha cúpula, e foi totalmente reformada no século XVIII. A capela do Santo Cristo é unha das máis antigas da igrexa posto que ocupa un dos lados do cruceiro orixinal, do século XIII. Nela atópase o sepulcro de Castelao.
Sepulcro de Rosalía de CastroA actual capela de San Domingos é una obra barroca do século XVII, de planta cadrada e cunha cúpula, e foi totalmente reformada no século XVIII. A capela do Santo Cristo é unha das máis antigas da igrexa posto que ocupa un dos lados do cruceiro orixinal, do século XIII. Nela atópase o sepulcro de Castelao.
Sepulcro de Alfonso R. Castelao
sepulcro de Alfredo Brañas
sepulcro de Ramón Cabanillas
Ningún comentario:
Publicar un comentario