14 de xuño de 2014

ENTREVISTA A XAQUÍN DALMAO, UN CAMPIÓN GALEGO

Por Lucía Vázquez Calvo, Inés Gómez Otero e Alba Llamazares Rodríguez.

- A que idade comezaches a practicar a esgrima?
Aos 12 anos.


- Que che inspirou a comezar neste deporte?
Dende pequeno sempre me gustaron as espadas e moitas veces ía ver películas de piratas que me incentivaron para elixir este deporte.


- Como compaxinas os adestramentos cos estudos?
Entreno dez horas á semana. Procuro estudar polas tardes antes de ir entrenar e polas noites, cando volto. Normalmente fáltame tempo, pero pouco a pouco organízome mellor.


- Fálanos un pouco do teu clube e da xente que o forma.
Hai tres anos que se fundou "100 tolos" (100 loucos / centolos). Está formado case por cen personas entre alumnos e técnicos. Estamos especializados en armas de florete e espada. Temos dúas sedes, unha en Coruña e outra en Oleiros.


- Cales foron os teus mellores resultados a nivel competitivo?
En espada, fun dous anos consecutivos campión galego de categorías inferiores (2011 e 2012). Na categoría infantil, conseguín ser o número 6 de España e o 4 por equipos en 2012. Agora estou no número 2 no ránking galego e no 22 no nacional.


- Como ves o teu futuro neste deporte?
Polo momento, o meu obxectivo é estar entre os tres primeiros do campionato galego absoluto de espada, que se celebra en Ferrol esta fin de semana, e conseguir un bo posto no campionato galego por equipos. Quero seguir con forza a próxima tempada para obter resultados óptimos nos campionatos.
Non me vexo competindo a nivel internacional como profesional, pero si practicando a esgrima durante moitos anos e animando á xente a probalo.










1 comentario: