Descansar, descansar,descansar e descansar. Moita praia se o tempo o permite, senón hai una chea de actividades culturais que comezan co San Xoán. Por exemplo o día 19 de Xullo actúan Los secretos as 22:00h na praza de María Pita. Por suposto ninguén debe perderse a queima da falla na noite de San Xoán, asÍ como as cacharelas. ¡que non chova porfa!
Despois haberá que volver a descansar e alternar a praia cos
paseos, as saídas e o ocio cultural, moi amplo na nosa cidade (estade atentos ó
día de portas abertas dos museos). En Xulio polo vinte, máis ou menos, é
estupendo dar unha volta nocturna pola feira das marabillas, unha viaxe a idade
Media en pleno século XXI. No mes de agosto a axenda cultural se multiplica cas
festas de María Pita, sempre hai actuacións estupendas e gratuítas, o ano
pasado estiveron Carlos Nuñez, Alaska, Borja Quiza, Ainhoa Arteta, etc. A
programación non se sabe ata que se aproxima a data, non obstante a quen lle
interese, o día 5 de Agosto Borja Quiza e a Gaos darán un concerto latin jazz
en María Pita.
Entre as actividades sempre hai tempo para ir ó cine cos
amigos, ver películas , ler…
En canto as películas, podedes probar con Agua para
elefantes, El intocable, Pájaros de papel, El discurso del Rey, El código da
Vinci, La mano que mece la cuna, Los ojos de Julia, Lo que la verdad esconde,
La hora de la araña, Doble traición, Los miserables…
Cando o tempo non está nin de Praia nin de quedar na casa, a
min gústame moito facer senderismo. Algunas rutas interesantes e que non quedan moi lonxe son A costa de
Dexo (Mera), Chelo (Betanzos), O monte Xalo, As fragas do Eume (pero pola beira
do río), A ruta circular de Cambre, o embalse de Cecebre ou
mesmo una volta en bici polo paseo marítimo da cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario