6 de mar. de 2014

Nacemento dos apelidos

Na idade Media os apelidos non existían: no momento do nacemento púñase un nome e nada máis. E como non hai un número infinito de nomes, con frecuencia varias persoas da mesma vila chamábase co mesmo nome. Para diferenciar o un do outro existían moitas posibilidades. Podíaselle engadir ao nome do pai o sufixo -ez, que significa "fillo de": González, Pérez, López, ... Tamén se podía asociar co nome do seu oficio: Vaqueiro, Ferreiro, Pintor, Pastor, Zapateiro, ... Podíase indicar unha característica física ou psicolóxica do individuo: Rubio, Moreno, Branco, Delgado, ... Finalmente, podíase indicar a súa orixe ou lugar de residencia: Galego, Castelán, do Campo, da Serra, do Castro, ... Posteriormente, estes sobrenomes convertéronse en apelidos, de uso obrigatorio.

Imagen de internet
Imaxen de internet

1 comentario:

  1. Outra maneira de recoñecer a unha persoa tamén era polo seu nome ou apelido e polo lugar onde vivian ou polo seu nome e o apelido do que proviñan.
    Exemplos: -"Lisa de Comians"(Lisa é o nome e Comians o lugar onde vivía)
    -"Manuel de Carracedo"(Manuel é o nome e Carracedo o apelido da súa familia)
    LAURA REDONDO

    ResponderEliminar