22 de feb. de 2014

O ENTROIDO GALEGO

Por Lucía Vázquez Calvo, Inés Gómez e Alba Llamazares.

O entroido (nomeado así no sur galego) ou antroido (no norte), é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
En Galicia, celébrase con disfraces e esmorgas moi diferenciadas: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interés turístico nacional.
As máscaras do entroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Distinguimos dous grandes grupos: as máscaras ourensás e as da zona atlántica.
O entroido inclúe a idea de comer e beber ata encherse destacando as comidas tradicionais (chourizos, lacóns...) e as sobremesas especiais como as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido.


Máscaras ourensás (fotografía de www.ondaradiomaster.com)



Filloas, típicas do entroido (fotografía de www.guiainfantil.com)

2 comentarios:

  1. Moi boa a noticia sobre o entroido,gústame moito !! Saúdos
    Paula Vázquez

    ResponderEliminar
  2. Un tema moi interesante. Móstranos o interesante e orixinal que é a nosa cultura. Sin ler isto, eu non sabia os diferentes nomes que hai de entroido e tampouco sabía que houbese varios tipos de máscaras.

    Jose María Ogea

    ResponderEliminar