15 de mar. de 2014

Galizien Amerika Linie

Por Lucía Vázquez, Inés Gómez e Alba Llamazares.

Todos sabemos que os galegos fomos un pobo emigrante, pero non somos o suficientemente conscientes do drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron coa súa terra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, dende a distancia.

''Galizien Amerika Linie'' é un espectáculo que leva xa dous anos percorrendo escenarios. Toma o nome dun dos barcos que levaba daquela aos emigrantes cara América. Lamentablemente o tema é unha das escollas máis atinadas, xa que parece que se repite a historia. O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina mestura a arte tradicional (bailes, danzas, músicas, vestiarios...) coas novas tecnoloxías, facendo deste espectáculo algo único e novidoso.



1 comentario:

  1. Un gran espectáculo para disfrutar, aprender e coñecer o pasado da nosa terra, das nosas xentes e sobretodo da nosa patria. Apto para todos os públicos, e eu que tiven a sorte de velo na praza de María Pita aconsello ir velo.

    Xaquín Dalmao.

    ResponderEliminar