1 de abr. de 2014

Arroba

         A palabra "arroba" vén do idioma árabe: ar-roub, que significa catro. O signo arroba, que hoxe é o símbolo de internet e da modernidade, foi creado na Idade Media. Naquela época aínda  non existía a imprenta: os frades copiaban os libros a man. O signo @ naceu cara o século VI da palabra latina ad que significa "a" ou "cara a". E crese que ten as súas orixes nunha práctica dos copistas medievais, que utilizaban o @ para ligar as letras "a" e "d". Este símbolo encóntrase por primeira vez en documentos comerciais de Florencia, Italia, no século XIII representando unha unidade de medida, a ánfora, e no século XVI en España,representando a arroba, unha medida de peso moi utilizada tamén en América. No século XIX, nos Estado Unidos utilízase tanto que aparece nas primeiras máquinas de escribir e, un século máis tarde, nos teclados dos primeiros ordenadores. Non obstante, nesa época xa non se utilizaba case nada. Ray Tomlinson dixo "Un símbolo que non serve para nada? perfecto, vou poder utilizalo para crear direccións electrónicas...". Cosa que fixo, co éxito que hoxe en día todos coñecemos.
Imaxe de internet



Imaxe de internet

2 comentarios:

  1. Moi interesante a noticia, espero que publiques máis así, moi boa Noemí!!
    Paula Vázquez 1bca

    ResponderEliminar
  2. Noticia moi interesante sobre un símbolo tan utilizado na actualidade. Eu non sabía a historia deste símbolo, debemos fixarnos en cousas tan simples coma o arroba, porque poden conter historias tan curiosas coma esta.

    Jose Ogea 1 Bac A

    ResponderEliminar