DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O vindeiro xoves 8 de marzo é o día internacional da muller. Para celebralo traede a clase unha imaxe dunha muller importante de Galicia ou de calquera outro lugar e un pequeno texto informativo sobre ela. Debe ir pegado sobre un soporte duro para podelo expoñer. O soporte non ten porque ser unha cartulina, pode ser un cartón calquera, forrado ou pintado de xeito orixinal; inclusive follas de xornais e revistas poden valer. Haberá algún premio para os mellores. Tamén interesa que alguén explique por que se escolleu a data do 8 de marzo para isto. Para consultar sobre as mulleres galegas premede aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario