"Ao pasar por Camariñas, cantando
as nenas de Camariñas quedan no río lavando.
Camariñas, Camariñas
xa me vou camariñando,
por unha de Camariñas
vivo no mundo penando"
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.
Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.
Estudou piano e solfexo, ademais de recibir cursos de ballet. Fixo coros para diversos artistas, entre eles Juan Pardo, e entrou a formar parte de 'Los Fannys', un grupo de rock que interpretaba versións de temas coñecidos. Cando deixa o grupo, interésase pola ópera e comeza a estudar bel canto.
En 1982 ve a luz o seu primeiro álbum, co que comezou unha carreira de éxitos. Ten cantado maioritariamente en castelán, se ben ten feito incursións noutras linguas, entre elas o galego, co que interpretou o tema Negra sombra para un disco de Carlos Núñez. Entre as súas cancións máis coñecidas destacan temas como No me importa nada, Entre mis recuerdos, Negra Sombra ou Piensa en mí ou Un año de amor, entre outras.
Estivo retirada da música entre 1995 e 1999.
En xaneiro de 2007 diagnosticóuselle cancro de mama, do que foi operada en Madrid nese mesmo mes. En novembro de 2007, recuperada da doenza, presentou un novo traballo, titulado Vida tóxica, e onde fai referencia, entre outros temas, ao proceso da quimioterapia.
O 17 de maio de 2010 publica na súa paxina:
"Me dirijo a vosotros para deciros que en mi última revisión me han detectado un cáncer en el otro seno."
Luz Casal vendeu en total máis de 5 millóns de discos.
Escritor: YO!
- El ascensor (1980), single
- Luz (1982), tamén chamado No aguanto más.
- Los ojos del gato (1984)
- Luz III (1985)
- Quiéreme aunque te duela (1987)
- Luz V (1989)
- A contraluz (1989), onde están incluídos os temas que formaron parte da banda sonora de Tacones Lejanos, o filme de Pedro Almodóvar.
- Como la flor prometida (1995)
- Pequeños y grandes éxitos (1996)
- Best of Luz Casal (1998). Presentouse unicamente no mercado francés, con cancións tamén nese idioma.
- Un mar de confianza (1999). Disco de platino.
- Con otra mirada (2002). Disco de platino.
- Sencilla alegría (2004). Disco de platino.
- Pequeños, medianos y grandes (2006), recompilatorio. Disco de platino.
- Vida tóxica (2007). Disco de ouro.
Escritor: YO!
Luar na Lubre é un grupo de folk galego creado na Coruña en 1985. Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.
ResponderEliminarOs instrumentos que usan son: gaita galega, acordeón diatónico, violín, frautas e whistles, chelo, guitarra acústica, bouzouki, pandeireta, bohdran e percusións.
Luar na Lubre resalta a cultura galega con temas tradicionais, mais tampouco quedan fora as influencias celtas de países como Irlanda, Escocia ou a Bretaña , así como unha estreita relación coa música portuguesa.
Luz Casal tivo varias distincións, entre elas:
ResponderEliminarO 30 de septembro de 2010 recibe de mans de Letizia Ortiz, Princesa de Asturias, o Premio 'V de Vida' da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), pola sua forza exemplarizante a hora de afrontar dita enfermedade e pola sua solidaridad coas personas afectadas.
O 28 de xunio de 2010 José Ignacio Portos, alcalde de Boimorto, recolleu no nome de Luz Casal, ausente polo seu tratamento de quimioterapia, a Medalla Castelao, otorgada as persoas que se destacan polo seu galleguismo.
Luz casal queria cantar como solista, interesouse polo canto lirico e estudou a tecnica 'bel canto'. Luz Casal tamen estudou canto coral e interpretacion. Cristina Gonzalez 1bc1
ResponderEliminarO dia internacional da muller é debido a que en Nova York o 25 de marzo de 1911 tivo lugar un incendio nunha fábrica de camisas, no que 146 muller falleceron e outras 71 feridas. Desde aquel acontecemento a ONU decidiu proclamar o dia 8 de marzo como o Dia Internacional de Muller Traballadora.
ResponderEliminarO ano pasado Luz Casal publicou un album novo chamado `` Un ramo de rosas`` no que reune moitos dos seus grandes existos e con novas cancions grabadas co grupo frances chamado Nouvelle Vague.Tratase do seu decimoquinto disco.
ResponderEliminarYolanda B.L.