15 de mar. de 2012

O roubo do século


O Códice Calixtino desapareceu en xullo do ano pasado da Catedral de Santiago. Trátase dun manuscrito ilustrado do século XII que está considerado como a primeira guía de viaxes do mundo, xa que sirviu de referente a moitos miles de peregriños do Camiño de Santiago. Fala do nosa terra como centro de peregrinación, co que representa un fenómeno que foi en boa medida unha das bases da nosa cultura. En total, hai cinco exemplares completos en todo o mundo. 
A desaparición do Códice Calixitino que se custodiaba no Arquivo da Catedral supón unha perda inédita na nosa cultura.
Neste manuscrito de valor incalculable ademáis do contido histórico e artístico, hai que destacar tamén o valor literario da obra, con unhas descripcións de gran realismo e tamén con notas líricas. Non existe límite entre realidade e fición, que se mezcla nas narracións.



Os especialistas cren que o autor ou autores do roubo deste valioso texto son persoas que, evidentemente, saben o que vale esta xoia bibliográfica conocida en todo o mundo. Saben o valor que pode ter no mercado negro, ademáis poderían actuar por encargo de algún coleccionista caprichoso.
Podédes ler algúns dos capítulos do libro premendo aquí.

4 comentarios:

  1. O Códice foi denominado a través dos tempos de varios modos: Iacobus, non moi frecuente, Liber Sancti Iacobi, que alterna co de Codex Sancti Iacobi, que é a que se impuxo ultimamente, Codex Calixtinus, segundo costume dos eruditos modernos, Liber Calixtinus e Codex Compostelanus. Todo segundo referencia do sabio compostelán M.C. Díaz e Díaz (denominado así con acerto por Méndez Ferrín, en recente presentación dunha conferencia sobre o Camiño de Santiago). É o libro unha compilación de textos jacobeos, realizado baixo o papado de Calixto II (1119-1124), de quen toma o nome por atribuírselle algúns escritos nel. Non posuímos certeza, por outra parte, de onde nin quen os compilou, pero sen dúbida ningunha fíxose na metade do século XII, con referencia expresa ao culto de Santiago e os avatares da peregrinación.
    Sabela Escourido 1ºBHB

    ResponderEliminar
  2. A desapariciòn deste manuscrito supon un interese cultural moi importante , xa que como di so hai cinci exemplares completos en todo o mundo, e a aparicion do manuncrito supondria unha alegria moi grande.

    Yolanda B.L.

    ResponderEliminar
  3. Na segunda metade do século XIX, o manuscrito foi redescuberto polo cóengo arquiveiro da Catedral de Compostela, Antonio López Ferreiro. Non obstante, foi dado a coñecer publicamente polo xesuíta Fidel Fita e Aureliano Fernández Guerra. En 1879, trasladáronse a Santiago nunha viaxe de estudo e peregrinación. Ao ano seguinte, en 1880, publicaron un libro acerca da súa viaxe a Santiago (Recordos dunha viaxe a Santiago de Galicia), dedicando os capítulos X e posteriores á descrición e estudo do Codex calixtinus. O libro incluía unha fotografía do himno Dum Paterfamilias e unha transcrición do seu texto, así como varios versos do himno Ad honorem Regis summi.

    ResponderEliminar
  4. Crese que o Códice Calixtino, ademais do seu incustionable valor, foi descendente do tamén famoso volumen medieval chamado "Liber Sancti Iacobi", unha antoloxía de textos, misas ou cantos adicados e destinados á alabanza do apóstolo Santiago. A primixenia idea da realización do volume foi por parte do bispo Xelmírez, buscando acercar a imaxe do apóstolo ó terceiro estamento, o pobo. A compilación dos textos que haberían de ocupar o manuscrito realizouse durante distintas épocas por distintas persoas. Adóitase sinalar o ano 1140 coma fecha de remate deste manuscrito. A parte copiada a partir deste texto, que co tempo pasaría a chamarse Códice Calixtino, data de 1060 e 1070.

    ResponderEliminar